Mundo

Presentan unha iniciativa a prol das linguas indíxenas na Asemblea Nacional de Panamá

Unha deputada presentou na Asemblea Nacional de Panamá un proxecto de lei encamiñado a fomentar o ensino de linguas indíxenas de maneira paralela co español. A medida incluiría linguas como o ngobe buglé, kuna, emberá, wounaan, naso teribe e bri bri.

Fonte: Prensa Latina

O pobo algonquín de Canadá intenta salvar a súa lingua

Os mozos algonquíns falan cada vez menos a súa lingua. Se non se fai nada, esta desaparecerá dentro dunha ou dúas xeracións. Pero aínda non é demasiado tarde para inverter esta tendencia e son varios os esforzos que se están a realizar nestas comunidades co fin de preservala.

Fonte: Canoë

O Goberno de Canadá inviste na preservación da lingua nakoda

O Goberno de Canadá acaba de anunciar a concesión de fondos ao Centro Nakoda das Montañas Rochosas para a Conservación da Lingua e a Cultura para o seu proxecto de preservación do nakoda.

Fonte: Maketwire

O cantante Gilberto Gil colabora con "LEBAB/BABEL", un documental sobre o multilingüismo

O cantante e activista cultural e político brasileiro Gilberto Gil será o fío condutor do filme "LEBAB/BABEL", un documental realizado en Cataluña que pretende analizar a situación e o futuro das linguas no século XXI.

Fonte: EFE

Segundo un estudo, o romanche unificado non convence os seus falantes

Máis que o romanche estandarizado, os falantes da cuarta lingua suíza prefiren o dialecto da súa aldea ou do seu val. Isto é o que se desprende dun estudo do Fondo Nacional Suízo (FNS).

Fonte: Swissinfo

España promoverá o uso das linguas cooficiais durante a Presidencia española da UE

O vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, dixo que, durante a Presidencia española da UE, España seguirá promovendo o uso das linguas cooficiais nas institucións europeas.

Fonte: ADN

Canadá lanza novos sitios web para os programas de linguas oficiais

O Consello de Ministros de Educación de Canadá anunciou o lanzamento de novos sitios web para os seus programas de linguas oficiais: Explore, Destination Clic e Odyssey.

Fonte: CMEC

O Bloque Quebequés considera «urxente» protexer o francés, que ve retroceder en Montreal

A responsable do Bloque Quebequés, Pauline Marois, insistiu na "urxencia de actuar" a favor da lingua francesa en Quebec.

Fonte: Món Divers

O último falante de ona loita para que a súa lingua non se perda

Keyúc é o último falante ona do mundo e soña con poder ensinarlles a amigos e descoñecidos as voces do seu pobo, para que a lingua dos seus antepasados patagóns non deixe de viaxar polos fiordes e canles da súa terra.

Fonte: La Gaceta

O ministro de Educación dinamarqués quere que os profesores de linguas pasen un tempo no estranxeiro

O ministro de Educación danés, Bertel Haarder, quere que os profesores de linguas estranxeiras estean polo menos medio ano no estranxeiro para aprender mellor as linguas que imparten.

Fonte: The Copenhagen Post

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder