Mundo
Cerca de 120.000 persoas comunícanse na lingua de signos portuguesa
A lingua de signos portuguesa foi recoñecida como lingua da comunidade xorda portuguesa pola Constitución da República en 1997. Calcúlase que existen cerca de 30.000 falantes nativos da lingua de signos portuguesa.
Fonte: Sapo
A sinalización das rúas de Cornualles traducirase ao córnico
A sinalización das rúas de Cornualles traducirase á lingua tradicional da rexión, malia que só 300 persoas a falan. As instalacións do concello tamén modificarán a súa sinalización e pediráselles aos concelleiros que consideren a posibilidade de utilizar o córnico en todas as futuras publicacións, literatura promocional e a súa páxina web.
Fonte: Telegraph
Segundo un estudo, o éuscaro é a lingua máis difícil do mundo
O éuscaro sería a lingua máis difícil de aprender, por encima do chinés, do húngaro, do xaponés ou do ruso, segundo varios diplomáticos de 23 países diferentes consultados polo Goberno británico.
Fonte: EiTB
Realizan obradoiros de capacitación electoral en linguas nativas en 73 distritos de Perú
A Oficina Nacional de Procesos Electorais (ONPE) de Perú desenvolve unha capacitación electoral dirixida aos membros de mesa, que nalgunhas circunscricións se fai en castelán e en linguas nativas.
Fonte: Los Andes
Os gastos das traducións oficiais ao gaélico causan polémica en Irlanda
Un deputado irlandés cuestionou os gastos que supón pasar toda a documentación oficial da república ao gaélico, cando, segundo el, estes documentos non os le ninguén no idioma nacional da illa.
Fonte: Mondivers
Google Translate incorpora agora tradución en tempo real e conversión texto-voz
Google anunciou recentemente no seu blog oficial novas funcionalidades e un novo aspecto para Google Translate, que agora inclúe a conversión de texto a voz, traducións en tempo real e transcricións fonéticas para un conxunto de linguas, entre elas o chinés, o árabe e o persa.
Fonte: ISEDB
O fundador da Wikipedia promete o desenvolvemento desta enciclopedia en liña en linguas africanas
Jimmy Wales, o fundador de Wikipedia, explicou na BBC o estado do desenvolvemento da enciclopedia participativa en África. Segundo el, a posta en marcha de edicións en linguas vernáculas africanas é difícil pero necesario para garantir o acceso á cultura dun maior número de persoas.
Fonte: Afrik.com
Política Lingüística leva o galego a Berlín para participar nun dos maiores escaparates das linguas no mundo
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia participou na Expolingua Berlín 2009, un dos maiores escaparates das linguas no mundo. Na súa vixésimo segunda edición, esta feira internacional das linguas contou cun total de 204 expositores, a través dos que estiveron representados 31 países.
Fonte: Xunta de Galicia
Un portal web de Nacións Unidas incorpora linguas nativas de Bolivia

O Fondo de Poboación das Nacións Unidas en Bolivia (UNFPA), coa colaboración do Ministerio de Relacións Exteriores e o Fondo Indíxena, presentará os contidos do seu novo espazo web nos catro idiomas máis usados en Bolivia: español, quechua, aimará e guaraní.
Fonte: El Deber
Tíbet lanza un proxecto para facilitar o servizo de mensaxes de texto en tibetano
En Lhasa, a capital de Tíbet, celebrouse unha cerimonia co fin de conmemorar o lanzamento dun proxecto de investigación para o servizo de mensaxes curtas na lingua tibetana. Este proxecto ten como obxectivo facer posible enviar mensaxes curtas nesta lingua.
Fonte: China Tibet Online
Boletín
Subscríbase ao boletín