Mundo
A lingua española perde terreo no campo científico
A lingua española está perdendo a batalla no campo da ciencia e a tecnoloxía en beneficio do inglés e, se non se toman medidas, chegará o día en que deixe de ser utilizado tanto nestes ámbitos como no dos negocios. Esta é a conclusión á que chegaron os autores do libro El español, lengua para la ciencia y la tecnología.
Fonte: El Siglo de Tucumán
A Asemblea de Gales aproba unha solicitude para a transferencia de poderes relativos ao galés
A Asemblea de Gales aprobou a solicitude de transferencia de poderes sobre a lingua galesa, aínda que con algunhas disidencias. Un grupo de parlamentarios afirmou que isto supuxo unha redución dos poderes que se lle poderían devolver desde Westminster.
Fonte: BBC
Propoñen que o español sexa a segunda lingua de Xamaica
O vice-primeiro ministro de Xamaica e ministro de Asuntos Exteriores e Comercio Exterior, Kenneth Baugh, propuxo que o español se converta na segunda lingua de Xamaica, á vista da dinámica cambiante no hemisferio.
Fonte: Caribbean 360
Aproban unha lei que outorga recoñecemento oficial á lingua de signos peruana
A Comisión de Saúde, Poboación, Familia e Persoas con Discapacidade do Congreso da República aprobou por unanimidade o dictame referido ao recoñecemento oficial á lingua de signos peruana.
Fonte: CPN Radio
Os Oscar de 2011 poderían ter unha película candidata en lingua catalá
A Academia de Cine Catalán pretende presentar aos Oscar de 2011 un filme en versión orixinal -en catalán- como candidato a mellor película estranxeira.
Fonte: 20 minutos
Algúns senadores brasileiros suxiren a revisión do novo acordo ortográfico
A audiencia pública sobre o novo acordo ortográfico, realizada pola Comisión de Educación, Cultura e Deporte, fixo xurdir unha serie de críticas feitas por lingüistas e educadores desde que o acordo foi asinado en 1990 cos demais países de lingua portuguesa. Avaliando estas cuestións, algúns senadores suxeriron ampliar o debate coa sociedade.
Fonte: Terra
Segundo un estudo, os bebés choran no seu idioma materno
Desde os seus primeiros días de vida, os bebés choran en francés, inglés ou español, xa que os choros dos neonatos levan a marca do idioma dos seus pais, segundo un estudo publicado na edición dixital de Current Biology.
Fonte: EFE
A empresa NEC desenvolve uns lentes que traducen linguas estranxeiras
A empresa xaponesa NEC deu a coñecer un dispositivo que afirman que lles permitirá aos usuarios comunicarse con persoas que falan linguas diferentes. O sistema asistido por ordenador Tele Scouter utiliza un dispositivo de imaxe para proxectar case en tempo real traducións directamente na retina do usuario.
Fonte: Today Online
O ensino de linguas indíxenas será obrigatorio en Chile a partir do vindeiro ano
O Ministerio de Educación decidiu que a partir do próximo ano será obrigatorio o ensino das linguas indíxenas de Chile en 331 escolas de sete rexións do país, que conten con, polo menos, o 20 por cento dos seus alumnos quechuas, aimarás, rapanui ou mapuche.
Fonte: AnsaLatina.com
Parlamentarios franceses exercen presión sobre o goberno polo proxecto de lei de linguas
Despois das manifestacións celebradas hai unhas semanas nas localidades francesas de Carcasona e Baiona para reclamarlle ao goberno o proxecto de lei sobre as linguas, os deputados e senadores de diferentes rexións pídenlle contas ao goberno e, máis concretamente, ao ministro de Cultura.
Fonte: Pays Basque Info
Boletín
Subscríbase ao boletín