Mundo
Un total de 196 linguas da India está en perigo de extinción
Arredor de 196 linguas da India están en perigo de extinción, segundo un recente estudo da Unesco, e un grupo de lingüistas, especialistas e responsables políticos reúnense nun seminario internacional de dous días para debater como salvar estas linguas.
Fonte: Sify
Unha empresa promove o uso das linguas propias nas escolas de Nixeria
A empresa Blazing Ideas Limited pediu usar as linguas indíxenas nas escolas de educación primaria e secundaria de Nixeria para evitar a súa extinción.
Fonte: This Day
Australia inviste en programas de linguas para as escolas
A ministra de Educación, Julia Gillard, anunciou un financiamento de 46.000 dólares para o programa de linguas na escola, co fin de estender e actualizar a Declaración Nacional 2005-2008 e o Plan para a formación en linguas nas escolas de Australia.
Fonte: The Gov Monitor
O catalán será a lingua invitada de honor da feira Expolangues de París 2010

A lingua catalá será invitada de honor da feira Expolangues que se celebrará en París do 3 ao 6 de febreiro de 2010, certame no que o catalán sempre tivo un posto pero nunca este protagonismo, que mostra o "incipiente recoñecemento" das linguas que hai en Francia e que non son o francés.
Fonte: Europa Press
Unhas 20.000 persoas maniféstanse en Carcasona en favor do occitano
Unhas 20.000 persoas (14.000 segundo a policía) manifestáronse o sábado 24 de outubro polas rúas da cidade de Carcasona en defensa do recoñecemento da lingua e da cultura occitanas.
Fonte: Avui
Celébrase unha manifestación en Baiona para pedir a oficialización do éuscaro en Francia
Varios miles de persoas manifestáronse nas rúas de Baiona para reivindicar unha lei que recoñeza as linguas minoritarias en Francia, de maneira que sexan consideradas oficiais nos seus respectivos territorios.
Fonte: Diario Vasco
Segundo varios especialistas, case 200 linguas están ameazadas na India
Case 200 linguas da India corren o risco de desaparecer se os pais non fan esforzos para mantelas nun sistema educativo que privilexia o hindi e o inglés, segundo aseguraron diferentes especialistas.
Fonte: EFE
O uso de caracteres latinos deixa de ser obrigatorio nos enderezos de internet
Os enderezos de internet poderán, a partir de agora, ser redactados en mandarín, árabe e outros idiomas e non soamente en caracteres latinos, anunciou a Icann, o organismo norteamericano que administra a rede e os nomes dos portais.
Fonte: AFP
O Museo Romaní de Serbia reivindica a existencia dun idioma común xitano
Reivindicar a existencia dun vocabulario común a todos os xitanos de Europa, reminiscencia dun idioma milenario, é un dos obxectivos do Museo de Cultura Romaní de Belgrado, un dos mellores do mundo e dono dun amplo patrimonio escrito nesa lingua.
Fonte: El Universal
Ao FBI fáltanlle lingüistas para procesar a información de intelixencia
Un informe sobre o FBI conclúe que o servizo é lento para traducir información de intelixencia, en parte debido á falta de tradutores.
Fonte: The American Prospect
Boletín
Subscríbase ao boletín