Mundo

O ministro de Cultura de Cabo Verde négase a dimitir pola exclusión do crioulo da revisión constitucional

O ministro de Cultura de Cabo Verde negou que vaia dimitir pola exclusión do proxecto de oficialización da lingua caboverdiana da revisión constitucional.

Fonte: AngolaPress

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas insta a Xunta a "poñer fin" ás súas medidas "contra a lingua galega"

O Comité do Estado español do European Bureau for Lesser-Used Languages (Axencia Europea para as Linguas Minorizadas) instou a Xunta de Galicia a que "poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego".

Fonte: Qué

Microsoft anuncia a tradución do Windows 7 a dez linguas africanas

Microsoft anunciou que o Windows 7 se traducirá a dez linguas africanas. O sistema estará dispoñible o vindeiro ano nas linguas amharic e suahili e, a partir de 2011, en sesotho sa leboa, setswana, isiXhosa, isiZulu, afrikaans, hausa, igbo e yoruba.

Fonte: IDG Now!

A Comisión Europea "vixiará de cerca" a situación da lei eslovaca das linguas

Nun debate parlamentario co comisario para o Multilingüismo Leonard Orban, iniciado pola dirixente suplente do grupo para as minorías nacionais e as linguas rexionais, Kinga Gal, o comisario afirmou que a Comisión "vixiará de cerca" a situación da aplicación da controvertida lei eslovaca das linguas.

Fonte: EBLUL

Euronews incorpora catro novas linguas: lituano, romanés, serbio e ucraíno

A canle de noticias 24 horas Euronews incorpora os servizos en lituano, romanés, serbio e ucraíno, xunto coas oito linguas xa existentes as 24 horas todos os días da semana.

Fonte: Rapid TV News

Publican unha obra para promover que os costarriqueños aprendan o idioma bribrí

Os costarriqueños poderán aprender bribrí de forma fácil e cómoda grazas á publicación do primeiro libro para o ensino deste idioma: Aprendemos la lengua Bribrí.

Fonte: Teletica

Convocan a organizacións de inmigrantes para participar na planificación lingüística na provincia arxentina de Misiones

O Ministerio de Cultura e Educación lanzou unha convocatoria para que as organizacións de comunidades de inmigrantes participen no Plan estratéxico para a creación do Instituto de Políticas Lingüísticas que levará adiante o goberno provincial de Misiones.

Fonte: Misiones on Line

Unha eurodeputada letoa insta a UE a usar o novo tratado para apoiar os dereitos lingüísticos

A Comisión Europea debería utilizar os cambios legais introducidos polo Tratado de Lisboa para protexer os dereitos das minorías lingüísticas na Unión Europea, segundo instou a eurodeputada letoa Tatjana Zdanoka.

Fonte: EurActiv

A lingua occitana gaña terreo nas escolas

Arredor de 46 000 alumnos da Academia de Tolosa (Francia) seguen actualmente un ensino en lingua occitana, o que representa unha porcentaxe do 9 % do alumnado, distribuídos en 26 clases. Trátase dunha materia que atrae cada vez máis xente nova, xa que a Academia rexistrou un aumento do 15 % dos alumnos entre 2007 e 2009.

Fonte: 20minutes

Nenos chilenos aprenden linguas indíxenas nas garderías

Sociabilización, fortalecemento da identidade e autoestima, e respecto polas diferentes culturas. Estes son algúns beneficios para máis de 3.500 nenos que asisten ás garderías interculturais do Estado, é dicir, establecementos que incorporan sistemas tradicionais de ensino preescolar xunto con elementos culturais de etnias indíxenas de Chile.

Fonte: La Segunda

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder