Mundo

China lanza un proxecto cultural destinado a preservar libros e manuscritos escritos en tibetano

China lanzou un importante proxecto cultural encamiñado a preservar libros e manuscritos en lingua tibetana. Este programa representa o maior esforzo do Goberno central por protexer os textos antigos dun grupo étnico minoritario.

Fonte: CCTV

Traducen a náhuatl a Constitución do Estado mexicano de Puebla

Está listo o formato de voz coa tradución ao náhuatl da Constitución Política do Estado Libre e Soberano de Puebla. A tradución beneficiará a 77 municipios de forte asentamento náhuatl cunha poboación estimada de 416.968 falantes, de acordo con cifras do Instituto Nacional de Estatística e Xeografía (INEGI).

Fonte: Prodigy msn

Un proxecto rescata linguas indíxenas amazónicas

Co obxectivo de preservar as linguas indíxenas, a profesora Marília Ferreira, do Instituto de Letras e Comunicación da Universidade Federal do Pará, elaborou o proxecto “Mantendo vivas as voces da selva: documentación das tradicións orais amazónicas”, que, desde 2008, vén documentando aspectos culturais e lingüísticos dos indíxenas.

Fonte: Diário do Pará

Bogotá impartirá a partir de 2010 clases de inglés desde preescolar

A meta para o ano 2010 en materia de educación non é só ofrecer educación gratuíta, senón que o bilingüismo é un dos retos máis importantes que deberán asumir os colexios do Distrito.

Fonte: El Espectador

Os xornais brasileiros xa están adaptados ás novas regras do acordo ortográfico

Os grandes xornais brasileiros xa se adaptaron ás novas regras ortográficas, un ano despois do inicio da adopción do acordo ortográfico no Brasil, o 1 de xaneiro de 2009.

Fonte: Sol

Funcionarios do dereito de Ecuador serán capacitados en idioma quechua

Para este ano, realizaranse cursos que sirvan para fomentar a comprensión do idioma quechua, co propósito de atender e axilizar as causas do sector indíxena de Cotopaxi (provincia de Ecuador).

Fonte: Diario Los Andes

A Generalitat de Catalunya subvenciona clases de catalán en Francia

O departamento do vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep Lluís Carod-Rovira, concedeu en 2009, no marco de axudas á política lingüística, 625.500 euros á Associació Amics de la Bressola para a “execución de actuacións relacionadas coa actividade da escola Bressola durante o ano 2009”.

Fonte: Xornal.com

As persoas de Mauricio ven Canadá como un modelo de bilingüismo

Daniella Police-Michel, unha profesora de francés da Universidade de Mauricio, afirma que a nación plurilingüe e multicultural quere seguir o modelo canadense de bilingüismo.

Fonte: Calgary Herald

Unha lei promoverá a lingua e a cultura hakka en Taiwán

Os deputados adoptaron unha lei que obriga o goberno a fixar un día nacional da cultura hakka e a promover o uso da lingua nas administracións locais onde a poboación estea composta por polo menos un terzo de membros desta comunidade lingüística.

Fonte: Taiwan Info

Hungría agradece a declaración da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa sobre a lei de linguas eslovaca

Hungría agradece a declaración do Alto Comisionado das Minorías Nacionais da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa sobre a mediación da OSCE na polémica entre Hungría e Eslovaquia no relativo á controvertida lei de linguas eslovaca.

Fonte: Politics

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder