Mundo
Varias asociacións socioculturais de Mauricio móstranse contrarias á introdución do crioulo mauriciano na escola
Quince asociacións socioculturais de Mauricio opóñense á introdución do crioulo mauriciano como lingua de ensino nas escolas, pois consideran que esta elección non achegará nada e só valerá para penalizar os alumnos.
Fonte: Zinfos 974
Aumenta en Arxentina o interese por aprender a falar linguas orixinarias
Se ben aínda é pouco usual que os institutos de idiomas en Bos Aires ensinen linguas orixinarias, hai algúns espazos que xa ofrecen esta alternativa e teñen cada vez máis interesados. Como o Centro Universitario de Idiomas (CUI) da Universidade de Bos Aires, que en tres anos multiplicou por oito o número de alumnos de quechua, mapuche e guaraní.
Fonte: La Nación
Política Lingüística difunde a lingua e a cultura galegas en París nunha feira internacional con máis de oitenta idiomas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria participa ata o día 6 de febreiro na Expolangues 2010. Trátase dunha feira internacional na que participan trinta países e máis de oitenta linguas e que, desde hai 25 anos, busca promover o estudo das linguas, favorecer o multilingüismo e desenvolver a comunicación internacional.
Fonte: Xunta de Galicia
Traducen ao náhuatl a Constitución de México
En México existen máis de dous millóns de falantes de lingua náhuatl. Sempre foi o idioma indíxena con maior número de falantes e o que mantivo máis vixencia no territorio mexicano. Agora, por primeira vez, a Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos foi traducida a este idioma.
Fonte: Excélsior
O catalán usa Expolangues para reivindicar o seu status en Francia
O vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep Lluis Carod-Rovira, liderou en París os actos da feira Expolangues 2010, na que a lingua catalá figura como invitada de honra.
Fonte: Público
Desaparece na India a lingua bo coa morte da súa última falante
A lingua bo, un dos dez idiomas do grupo tribal gran andamanés, da India, quedou extinguida coa morte da súa última falante, informou nun comunicado a organización Survival International.
Fonte: La Rioja
Todo está preparado para que Gales asuma as competencias en materia lingüística
A Asemblea de Cardiff obterá o vindeiro 10 de febreiro a capacidade de aprobar leis para a promoción e o soporte da lingua galesa, ata agora desempeñadas por Londres. Ademais, establecerase un comisario para o galés, cuxo papel consistirá en asegurar que os organismos públicos e as compañías privadas dos sectores das telecomunicacións e os transportes empreguen esta lingua.
Fonte: Nationalia
Os mestres de Ucraína poderán usar no traballo outros idiomas ademais do ucraíno
O Tribunal Constitucional (TC) de Ucraína invalidou unha disposición gobernamental que obrigaba os mestres escolares a usar no traballo exclusivamente o idioma ucraíno.
Fonte: RIA Novosti
Expolangues 2010 clausúrase en París cunha grande afluencia de visitantes ao expositor do galego de Política Lingüística
Expolangues 2010 vén de clausurar o encontro de París cunha grande afluencia de visitantes ao expositor da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Os franceses defenden o seu idioma en Nacións Unidas
As autoridades francesas están a tomar medidas para defender o uso do francés en Nacións Unidas e outras institucións internacionais como idioma da diplomacia, ante o inexorable avance do inglés.
Fonte: Expansión
Boletín
Subscríbase ao boletín