Mundo

Propoñen que 60 linguas indíxenas mexicanas sexan patrimonio da humanidade

Arqueólogos mexicanos buscan que a Unesco declare patrimonio cultural unhas 60 linguas indíxenas, como parte das celebracións este ano polo bicentenario da independencia mexicana e centenario da revolución, segundo informou o Instituto de Antropoloxía de México.

Fonte: EcoDiario

Pecha a Axencia Europea de Linguas Minorizadas logo de 25 anos de traballo

A contribución clave á política europea e a achega cara a unha visión inclusiva da diversidade lingüística son labores subliñados desde a Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL- European Bureau for Lesser-Used Languages), na mensaxe que anuncia a fin da actividade da entidade.

Fonte: Vieiros

As universidades de Turquía ensinarán linguas minoritarias do país

As universidades de Turquía ensinarán linguas minoritarias do país. Na Universidade de Tunceli os estudantes poderán aprender kurdo ou zazaca. O xornal Radikal informa de que, na cerimonia de inauguración, o reitor da universidade, Dr. Durmuş Boztuğ, afirmou que as linguas se ensinarán no Departamento de Filoloxía.

Fonte: News

O Parlamento Europeo acollerá un espectáculo en catalán, vasco e galego

O grupo de teatro Roda Fetillera representa o 4 de marzo na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas "Lan(d)guages", un espectáculo en catalán, vasco e galego con interpretación simultánea ao inglés.

Fonte: La Verdad

Irlanda prepárase para unha carreira de 1600 quilómetros a favor do gaélico

Baseándose no modelo da Korrika vasca e da Ar Redadeg bretoa, os irlandeses están a punto de estrear a súa propia carreira para recadar fondos a favor da lingua propia do país: o gaélico irlandés. O vindeiro 9 de marzo arrinca a Rith, que percorrerá 1600 quilómetros entre Belfast e Galway en nove días.

Fonte: Móndivers

Rexeitan a proposta que pretendía regular a implementación do inglés como lingua oficial en Oklahoma

Unha proposta lexislativa que propoñía que o inglés fose o idioma oficial do goberno estatal foi rexeitada polo comité de regras da cámara de representantes de Oklahoma.

Fonte: Hispano de Tulsa

China mantén vivo o soño do esperanto como lingua neutral e universal

O esperanto, lingua creada a finais do XIX co soño de facilitar o entendemento no Babel mundial, non parece cerca de conseguir a súa meta máis dun século despois, pero sorprende a súa popularidade en China, onde se atopa a maior comunidade de falantes do idioma e este conta con apoio oficial.

Fonte: Norte de Castilla

Colombia contará con papeletas en braille para votar nas eleccións do 14 de marzo

Os cidadáns invidentes terán a man 185.000 papeletas en sistema braille para exercer o seu dereito a voto este 14 de marzo en Colombia.

Fonte: El Colombiano

O Goberno de Gales publica a proposta da lei de linguas galesa

A proposta da lei de linguas galesa que lles outorgará o dereito aos falantes de galés de recibir servizos nesta lingua publicouse o 4 de marzo. Esta proposta cumprirá os tres compromisos da coalición One Wales para confirmar o status oficial do galés, os dereitos na prestación de servizos e o establecemento do cargo de comisario da lingua.

Fonte: Welsh Assembly Government

A ministra de Educación de Portugal anuncia o adiamento da entrada en vigor do acordo ortográfico nas escolas

A ministra de Educación de Portugal anunciou o adiamento da entrada en vigor do acordo ortográfico nas escolas para o ano académico 2011-2012 e incluso afirmou que non ve a necesidade de investir na formación de profesores para esta adaptación.

Fonte: Jornal da Madeira

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder