Mundo
O Goberno de Malta analiza crear un instituto para promover a lingua e a cultura maltesas no exterior
O Goberno de Malta está analizando crear un Instituto Cultural Maltés para promover a lingua e a cultura maltesas no exterior e axudar así os emigrantes malteses neste tema, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores Tonio Borg.
Fonte: Times of Malta
Twitter desenvolve unha versión en mandarín
Twitter está a traballar unha maneira de permitir que os usuarios chineses empreguen o sitio web de rede social na súa propia lingua, informou o cofundador desta ferramenta.
Fonte: Abril
A lingua rusa tende a desaparecer en Xeorxia
A lingua rusa fálase cada vez menos en Xeorxia, sobre todo entre a xente nova de menos de 25 anos, declarou o ex primeiro ministro xeorxiano Zourab Nogaïdeli.
Fonte: RIA Novosti
Presentan un proxecto de lei para declarar o paxtún lingua provincial
O líder parlamentario do Partido Popular Paquistaní-Sherpao na Asemblea da provincia da Fronteira do Noroeste (Paquistán), Sikandar Sherpao, presentou un proxecto de lei na Secretaría da Asemblea que procura medidas para garantir o ensino, a promoción e o uso da lingua paxtún.
Fonte: The News
As linguas minoritarias de China están en perigo de extinción
China ten 56 grupos étnicos recoñecidos, e arredor de 100 das súas linguas están en perigo de extinción, segundo a Organización das Nacións Unidas.
Fonte: News Center
Piden en Perú interpretación simultánea do quechua ao español no Congreso
Como unha forma de democratizar as relacións interparlamentarias e propiciar a interculturalidade no Congreso da República, aprobouse por unanimidade solicitar a adquisición de recursos tecnolóxicos para realizar interpretacións simultáneas do idioma quechua ao español durante as sesións do Pleno.
Fonte: La República
Unha páxina web promoverá o escocés nas escolas
Unha nova páxina web axudará aos profesores a enfrontarse á lingua escocesa. O recurso en liña, desenvolvido polo órgano curricular Learning and Teaching Scotland (LTS), proporcionará información sobre a historia do escocés, ofrecerá exemplos de textos e incluirá consellos sobre gramática e pronuncia, así como gravacións de vídeo e son acerca de como se fala o escocés.
Fonte: Herald Scotland
O xefe do Goberno de Macau defende que este territorio reúne as condicións para ser centro de difusión do portugués e do chinés
O xefe do Goberno de Macau defendeu que o territorio ten as condicións para se transformar nun centro de difusión do portugués e do mandarín coa finalidade de potenciar as relacións entre China e a lusofonía.
Fonte: LUSA
Google traballa para introducir o maia e o náhuatl no seu sistema universal de buscas

Google, o xigante de internet, traballa para introducir dúas linguas indíxenas de Centroamérica e México no seu sistema universal de buscas —o maia e o náhuatl—, segundo informou a axencia AFP citando a un responsable local da compañía.
Fonte: RT
Bogotá acolle unha xornada académica sobre os avances na protección das linguas minoritarias en Cataluña e Colombia
A Biblioteca Nacional de Colombia acolleu un seminario sobre "Os avances na protección das linguas minoritarias en Cataluña e Colombia". A xornada contou coa presenza de expertos cataláns e colombianos, pero estivo aberta á participación de estudantes e persoas interesadas no tema.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín