Mundo

Ucraína aprobará leis que defenderán a poboación falante de ruso

Ucraína aprobará leis que defenderán os dereitos da poboación rusofalante, declarou o presidente ucraíno Víctor Yanukóvich nunha visita a Moscova.

Fonte: RIA Novosti

Os eurodeputados exercen presión para que o catalán, o vasco, o galego, o galés e o gaélico escocés sexan recoñecidos na UE

O catalán, o vasco, o galego, o galés e o gaélico escocés deben ser linguas oficiais da Unión Europea, afirmaron os eurodeputados, que acusan a Bruxelas de non protexer "os dereitos de millóns de falantes de linguas non oficiais da Unión Europea" e apelan as institucións europeas a facer "moito máis" para promover o plurilingüismo.

Fonte: Eurasia Review

A Unesco publica un novo estudo sobre a diversidade lingüística en internet

A Unesco, xunto coas organizacións Funredes e Unión Latina, publica Douze années de mesure de la diversité linguistique sur l’Internet : bilan et perspectives (Doce anos de medida da diversidade lingüística en internet: balance e perspectivas).

Fonte: Emarrakech.info

China creará unha biblioteca sonora de todos os idiomas e dialectos do país

China creará unha base de datos sonora de todas as linguas e dialectos do país, para o que recolle gravacións e vídeos de persoas de diferentes etnias. O obxectivo desta base de datos é protexer a riqueza lingüística do país.

Fonte: Diario de Yucatán

A Asemblea Nacional Lexislativa de Ecuador presenta a nova Constitución traducida ao quechua

A Asemblea Nacional Lexislativa de Ecuador presentou a nova Constitución do país, aprobada en setembro de 2008, traducida ao idioma quechua, no marco dunha disposición da propia Carta Magna sobre o proceso de inclusión das etnias indíxenas do país.

Fonte: EFE

O Instituto Cervantes ofrece unha exhaustiva mostra audiovisual da lingua española en todo o mundo

O Instituto Cervantes ofrece unha exhaustiva mostra audiovisual da lingua española en todo o mundo a través do seu 'Catálogo de voces hispánicas' que pode consultarse no Centro Virtual Cervantes.

Fonte: Europa Press

A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) recibe críticas pola falta dunha política sobre a lingua portuguesa

A directora do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), a angolana Amélia Mingas, criticou en Lisboa os Estados membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) pola falta dunha política común acerca da lingua portuguesa.

Fonte: Agência AngolaPress

Nace TVisual, a primeira canle de televisión en lingua de signos francesa

A canle TVisual será a primeira en propoñer todas as súas emisións en modo bilingüe lingua de signos e francés oral. Poderase ver proximamente en internet.

Fonte: Audition-infos

A linguaxe das tecnoloxías modernas enfronta os especialistas do idioma español

O dilema pola incorporación de novas palabras ao español aumenta ante a avalancha de neoloxismos e termos xerados polo uso de internet e, máis recentemente, o código escrito do servizo de mensaxe curta utilizado pola xuventude mediante os teléfonos móbiles.

Fonte: Diario de Yucatán

A Policía dos Estados Unidos aumenta a contratación de axentes bilingües

Os departamentos de policía en Estados Unidos intensifican os seus esforzos para recrutar axentes que falen un segundo idioma, ademais do inglés, e en algúns casos ofrecen maior paga e viaxes ao estranxeiro como parte de programas de inmersión noutras linguas.

Fonte: Univisión

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder