Mundo
Presentan a primeira edición oficial en aimará da Constitución de Perú de 1993
O Ministerio de Xustiza peruano presentou a primeira edición oficial da Constitución Política de Perú de 1993 traducida á lingua aimará, informaron fontes oficiais.
Fonte: EFE
A lingua e a cultura españolas experimentan un auxe considerable na República Checa
A lingua española segue a gañar terreo na República Checa. Segundo o Ministerio de Educación español, o idioma de Cervantes xa se sitúa, despois do inglés, como o que xera máis interese entre a xente nova, mentras o francés, o alemán e o italiano se estancan.
Fonte: Diario de León
O Goberno portorriqueño quere implantar o bilingüismo no ensino
O Goberno portorriqueño quere implantar programas de ensino de inglés para lograr que sexan bilingües as novas xeracións dun país no que o 85 por cento da poboación só coñece os rudimentos desa lingua.
Fonte: La Opinión
Google lanzará un tradutor en tempo real para falar polo móbil noutro idioma
Dentro de dous anos Google promete lanzar un sistema que, integrado no móbil, nos traducirá e dirá en tempo real que nos di a outra persoa sexa do país que sexa.
Fonte: MovilZona.es
Para o Goberno francés, as linguas rexionais están xa recoñecidas na Constitución de Francia
Desde o ano 2008, a Constitución francesa establece no seu artigo 75-1 que «as linguas rexionais pertencen ao patrimonio de Francia». Christine Albanel, ministra de Cultura, comprometérase a presentar un proxecto de lei sobre as linguas rexionais. Un texto que, en febreiro de 2010, non está aínda na orde do día.
Fonte: Novo Press
Panamá emprende accións a favor das linguas indíxenas
Lexisladores indíxenas avaliarán con autoridades do Ministerio panameño de Educación temas relacionados co ensino bilingüe, como opción para garantir a supervivencia dos idiomas dos pobos orixinarios.
Fonte: Prensa Latina
Rexeitan unha iniciativa para crear en México un Instituto de Linguas Indíxenas
Os deputados do PRI e de Nueva Alianza rexeitaron a iniciativa de lei para crear o Instituto de Linguas Indíxenas do Estado de México, o cal para a presidenta da comisión de Asuntos Indíxenas, Florentina Salamanca Arellano, non foi por erros senón por “falta de vontade política” e con iso continúa a discriminación cara aos indíxenas.
Fonte: El Diario
Piden no estado mexicano de Veracruz que se inclúan no programa de educación básica as linguas indíxenas
Un dos grandes temas pendentes en materia de educación indíxena é preservar as linguas das etnias en todo o estado e o país, polo que cómpre buscar mecanismos para que o resto da poboación poida coñecer, entender e falar a lingua materna dos grupos indíxenas.
Fonte: Milenio
Unha canle de televisión retransmite os Xogos de Vancouver en oito linguas autóctonas de Canadá
Por primeira vez na historia de Canadá, os Xogos Olímpicos de Vancouver retransmítense en oito linguas autóctonas na canle APTN (Aboriginal Peoples Television Network).
Fonte: Métro Montréal
O Goberno de Andorra vai avaliar a introdución do portugués como lingua curricular no sistema educativo

A comisión luso-andorrana sobre cuestións de educación anunciou que vai ponderar a introdución do portugués como lingua curricular no sistema educativo deste país.
Fonte: Jornal de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín