Mundo

Policías brasileiros aprenden lingua de signos para axudar a persoas xordas

Axentes da Policía Militar de São Jose do Rio Preto, cidade do interior do estado de São Paulo, aprenden estes días a lingua brasileira de signos para mellorar as súas aptitudes comunicativas con persoas xordas.

Fonte: EFE

O plurilingüismo é habitual nos cines europeos

A Plataforma per la Llengua presentou un estudo que xustifica a aprobación do novo proxecto de lei do cine polo Goberno de Cataluña ao revelar a situación de «excepcionalidade» que sofre a lingua catalá no ámbito cinematográfico no contexto europeo e territorios como Quebec.

Fonte: El Periódico

Segundo a presidenta do Instituto Camões, o ensino do portugués como lingua materna pode acabar nalgúns países

A presidenta do Instituto Camões (IC), Ana Paula Laborinho, admitiu que o ensino do portugués como lingua materna pode acabar nalgúns países porque o obxectivo é a súa integración nos sistemas de ensino no estranxeiro.

Fonte: Público

Xeorxia lanza unha televisión rexional en lingua rusa

Xeorxia acaba de lanzar unha canle de televisión en lingua rusa que ten como obxectivo contrarrestar a influencia rusa na rexión estratéxica do Cáucaso.

Fonte: Telesatellite

O municipio de Ajaccio en Córsega estrea unha páxina web para aprender corso

Parlamicorsu.com é o novo sitio web do municipio de Ajaccio dedicado á aprendizaxe da lingua corsa. Trátase do resultado dos traballos realizados desde hai varios anos no marco do proxecto "bain linguistique".

Fonte: Radio Alta Frequenza

O Goberno de Canadá inviste recursos para asegurar servizos de tradución nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010

O Goberno de Canadá anunciou a sinatura dun acordo sobre os servizos de tradución e interpretación durante os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Inverno de 2010 coa finalidade de respectar as esixencias en canto a linguas oficiais de Canadá durante estes Xogos.

Fonte: Maketwire

Euronews incorpora o turco e o persa como novas linguas de emisión

A canle de televisión paneuropea Euronews incorporará ao longo deste ano 2010 dúas linguas máis. Así pois, a partir do 30 de xaneiro do presente ano, a lingua turca formará parte das linguas de emisión de Euronews, mentres que o persa se incorporará a finais de ano.

Fonte: Linguamón

O frisio encóntrase en risco de extinción

O frisio é o idioma de Europa continental máis próximo ao inglés. Fálao case medio millón de persoas no extremo norte de Holanda e forma parte dun conxunto de idiomas minoritarios da Unión Europea, falados por uns 50 millóns de habitantes.

Fonte: La Información

Crean teléfonos móbiles que permiten comunicarse en lingua de signos

Un grupo de investigadores da Universidade Cornell e os seus colegas crearon teléfonos móbiles que permiten ás persoas xordas comunicarse nunha lingua de signos, coa mesma normalidade coa que as persoas con capacidade auditiva usan teléfonos para falar.

Fonte: Noticias de la Ciencia y la Tecnología

O Goberno de Portugal quere reforzar a promoción internacional da lingua portuguesa

O Goberno de Portugal vaille dar especial importancia á promoción internacional da lingua portuguesa nesta lexislatura, nomeadamente a través do ensino e da súa expansión ao lado de organismos internacionais.

Fonte: RTP

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder