Mundo

A BBC estrea programación de radio na lingua crioula de Haití

A rede británica BBC estrea as súas retransmisións no idioma crioulo para os haitianos. Trátase dun programa diario chamado Conexión Haití e que terá unha duración de 20 minutos.

Fonte: Portal Imprensa

A UE destina máis de 2 millóns de euros a financiar unha ferramenta de tradución eficiente en internet

A Unión Europea financiou con máis de 2,3 millóns de euros -procedentes do tema Tecnoloxías da información e as comunicacións do Sétimo Programa Marco (7PM)- o proxecto MOLTO (Tradución plurilingüe en internet), que traballa para desenvolver unha ferramenta de tradución eficiente en internet.

Fonte: Portal TIC

Pobos indíxenas do departamento boliviano de Pando demandan unha educación bilingüe

O deputado da circunscrición especial do departamento de Pando, Julio Cortez, demandará na Asemblea Lexislativa “educación e profesores bilingües” para os cinco grupos étnicos que habitan neste departamento boliviano.

Fonte: Erbol

A Academia Norteamericana da Lingua Española busca mellorar o español en Estados Unidos

A Academia Norteamericana da Lingua Española acaba de publicar Hablando bien se entiende la gente, unha guía práctica con máis de 300 consellos sobre o uso correcto do idioma español redactada especificamente para os hispanofalantes de Estados Unidos, e que aclara algunhas das dúbidas máis frecuentes no uso do español estadounidense.

Fonte: El Universal

O presidente de Colombia sanciona a lei que protexe e garante as linguas nativas

Co fin de garantir o recoñecemento, a protección e o desenvolvemento dos dereitos lingüísticos, individuais e colectivos dos grupos étnicos con tradición lingüística propia, a promoción do uso e desenvolvemento das súas linguas nativas, o presidente de Colombia Álvaro Uribe Vélez sancionou a Lei 1381 do 25 de xaneiro de 2010.

Fonte: SNE

Brasil ten xa 5 millóns de estudantes de español e faltan profesores

O ensino do español en Brasil atravesa "o mellor momento da súa historia". Fronte ao millón de estudantes desta lingua que había en 2006, hai xa cinco millóns e o probable é que se siga "avanzando a esa velocidade", aínda que faltan uns 12.000 profesores para continuar ao mesmo ritmo.

Fonte: EFE

Os pobos mazatecos de Oaxaca (México) conservan unha das poucas linguaxes a base de asubíos que existen no mundo

Quizá sobrevivente de antigas formas de comunicación, como o facían grupos tribais a través de sinais de fume ou símbolos marcados nas árbores, os pobos mazatecos de Oaxaca posúen unha linguaxe a base de asubíos que está pouco estudada.

Fonte: En el Show

O Parlamento de Nepal emenda a Constitución para que o vicepresidente xure na súa lingua materna

A emenda estipula que o presidente, o vicepresidente e o primeiro ministro poden tomar posesión dos seus cargos xurando nas súas linguas maternas ademais da nacional, o nepalí.

Fonte: ABC

Un deputado denuncia a política de discriminación lingüística de Ucraína

Ucraína practica unha política de discriminación lingüística contra os ucraínos que falan ruso, húngaro, romanés ou outras linguas, declarou en Kiev Vadim Kolesnitchenko, deputado no Parlamento deste país e presidente da ONG Ukraine russophone.

Fonte: RIA Novosti

O impulso lingüístico salva o galés da extinción, que se daba por segura

O galés está a experimentar un renacemento que o afasta dunha extinción tida por inevitable desde mediados do século pasado. En 1991 tiña 508.100 falantes, el 18,7 % da poboación; en 2001 xa contaba 582.400 e en 2004 alcanzou os 611.000, máis do 20 % da poboación.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder