Mundo
Varias empresas de Quebec non se axustan á Carta da lingua francesa
A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa (OQLF) solicitoulles a varias empresas que se axusten ao artigo 52 da Carta da lingua francesa que estipula que os sitios web das empresas que teñen un enderezo en Quebec deben estar tan completos en francés coma en inglés, unha disposición non respectada por varias sociedades.
Fonte: L'Agenda du Bien Commun
A lei de linguas eslovaca aumenta as tensións entre Eslovaquia e Hungría
A entrada en vigor desta lei ampliou a degradación, xa antiga, das relacións entre os dous veciños. Aplicada desde xaneiro, limita a utilización do húngaro na vida pública, pero para os eslovacos trátase simplemente de protexer a lingua e os intereses nacionais cando esta se fale ou se escriba.
Fonte: Hu-lala
Os lingüistas instan os tártaros de Crimea a volver ao alfabeto latino
Os expertos da lingua tártara de Crimea aprobaron a decisión de deixar de utilizar o alfabeto cirílico e volver ao alfabeto latino, segundo informa o Servizo Tatar-Bashkir de RFE/RL.
Fonte: RFE/RL
O Goberno do estado indio de Kerala asígnalle un terreo á Academia da Lingua Tulu
O Goberno de Kerala asignoulle un acre de terra no distrito de Kasaragod á Academia do Tulu, constituída hai dous anos para promover esta lingua. O terreo está situado na vila de Kadambara.
Fonte: The Times of India
Segundo un estudo, os nenos que oen dous idiomas no ventre materno son máis proclives a ser bilingües
Os bebés que oen regularmente dúas linguas cando están no ventre da súa nai son máis proclives a ser bilingües, segundo un estudo publicado en Psychological Science.
Fonte: Univisión
Organizan un curso de idioma crioulo co obxectivo de lograr un maior entendemento entre os dominicanos e os haitianos
Recentemente o Colexio Dominicano de Periodistas (CDP) e o Instituto de formación Xerencia e Liderado Americano (IFGLA) iniciaron un curso para a aprendizaxe do idioma crioulo, co obxectivo de lograr un maior entendemento entre os dominicanos e os haitianos.
Fonte: El Nuevo Diario
Un novo medio de comunicación ofrece á cidadanía da India a posibilidade de informar do que acontece no seu propio idioma
Segundo as estatísticas oficiais, a India conta con 30 linguas recoñecidas oficialmente e preto de dous milleiros de dialectos que se falan ao longo de todo o seu territorio. A profusión idiomática fai que moitos xornalistas descoñezan a meirande parte dos idiomas, máis alá do hindi e o inglés, e, en consecuencia, unha boa parte da poboación non ten acceso á información na súa lingua materna. Agora, a utilización da telefonía móbil e da súa tecnoloxía vai permitir o desenvolvemento dun novo medio de comunicación que ofrecerá diversidade idiomática.
Fonte: Vieiros
Traducen a Constitución de México a trece linguas indíxenas
Para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) traduciu a Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos a 13 variantes lingüísticas e o Himno Nacional Mexicano a oito idiomas nacionais.
Fonte: El Universal
Chaman a preservar as linguas indíxenas como un dereito humano fundamental
A preservación das linguas indíxenas debe asumirse como un imperativo para as sociedades dos países, xa que constitúen un dereito humano fundamental que se relaciona coa dignidade humana, afirmou a experta Elisa Loncon.
Fonte: SDP Noticias
O uso de carteis en turco e árabe na propaganda dos partidos políticos xera polémica en Holanda
A lingua converteuse nunha inesperada protagonista da campaña para as eleccións municipais do 3 de marzo en Holanda. O uso do turco e o árabe, ademais do inglés e o chinés, na propaganda dos partidos xerou polémica.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín