Mundo
A ONU celebra o Día da Lingua Francesa
Nacións Unidas celebrou o Día da Lingua Francesa o 20 de marzo como parte dun programa para impulsar o multilingüismo e a diversidade cultural nos seis idiomas oficiais da ONU.
Fonte: Prensa Latina
O Parlamento panameño avalía propostas de apoio ás linguas indíxenas
A Asemblea Nacional de Panamá avalía opcións en apoio ás linguas dos pobos orixinarios, con propostas que buscan oficializar os idiomas e alfabetos das comunidades indíxenas, informaron fontes parlamentarias.
Fonte: Prensa Latina
A ministra portuguesa de Educación defende solucións para promover o portugués
A ministra de Educación de Portugal, Isabel Alçada, considera que non existe «unha solución única» para promover a lingua portuguesa no mundo, e defende o intercambio de ideas nun traballo «en conxunto» da comunidade de países implicados.
Fonte: Diário Digital
O Ministerio de Educación brasileiro asina un acordo cos Estados Unidos para impulsar o ensino do inglés en Brasil
Os gobernos de Brasil e dos Estados Unidos renovaron un acordo de cooperación na área de educación que pretende fortalecer o ensino da lingua inglesa nas escolas brasileiras.
Fonte: Estadão
Poñen en marcha unha iniciativa para protexer as linguas indíxenas do estado mexicano de Hidalgo
Máis de 1.500 estudantes de educación básica do estado de Hidalgo de zonas urbanas e rurais serán responsables de protexer diversas linguas indíxenas no estado, como a otomí, náhuatl, hñahñu e tepehua.
Fonte: El Universal
Bruxelas autoriza as axudas de España para a dobraxe de películas ao catalán
A Comisión Europea aprobou as axudas públicas españolas para a dobraxe e subtitulado de películas ao catalán por un monto de 12 millóns de euros, ao estimar que son conformes á normativa comunitaria.
Fonte: AFP
Comeza en Rusia a celebración do Ano do Idioma Chinés
O pasado día 23 de marzo celebrouse a cerimonia inaugural do Ano do Idioma Chinés que se levou a cabo en Moscova, mentres China e Rusia buscan promover os seus intercambios culturais e relacións bilaterais.
Fonte: Pueblo en Línea
Ucraína dá luz verde ao ensino en lingua rusa
Os estudantes de Ucraína escollerán eles mesmos a súa lingua de ensino, segundo declarou o ministro de Educación ucraíno, Dmitri Tabatchnik. Na súa opinión non se debe privar á maioría dos cidadáns do dereito de estudar na súa lingua materna (o ruso), pero o dominio do ucraíno debe continuar sendo obrigatorio.
Fonte: Ria Novosti
O portugués gaña espazo entre a poboación máis nova de Mozambique
A lingua portuguesa é a máis falada en Mozambique e gaña cada vez máis espazo entre a poboación máis nova residente nas zonas urbanas.
Fonte: Angola Press
O ensino do portugués gaña alumnos nas escolas dos Estados Unidos
A lingua portuguesa está gañando alumnos nas escolas dos Estados Unidos, mentres que os cursos das asociacións das comunidades portuguesas perderon máis da metade da poboación estudantil que tiñan hai seis anos.
Fonte: Diário Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín