Mundo
Un proxecto europeo contribuirá a facer plurilingüe a web
Un novo proxecto financiado pola Unión Europea está construíndo programas de internet plurilingües que facilitarán a presentación e recuperación de información en liña nunha ampla variedade de linguas.
Fonte: CORDIS
Manitoba é a primeira provincia de Canadá que recoñece as súas linguas aborixes
Manitoba converteuse na primeira provincia de Canadá en recoñecer oficialmente por lei as súas linguas aborixes. O proxecto de lei non outorga poderes nin responsabilidades especiais en relación coas linguas, pero si senta as bases para o que poida acontecer no futuro.
Fonte: The Orillia Packet&Times
O Consello de Europa publica un informe sobre as linguas minoritarias do Reino Unido

O Comité de Ministros do Consello de Europa acaba de publicar o terceiro informe sobre a situación das linguas minoritarias do Reino Unido, segundo informou o servizo de prensa do Consello de Europa.
Fonte: Focus
O conflito lingüístico entre flamengos e francófonos tomba o Goberno belga
As tensións entre francófonos e flamengos debido a discrepancias insalvables sobre o réxime lingüístico na periferia de Bruxelas (BHV) provocaron esta nova crise de goberno.
Fonte: Vieiros
O primeiro filme en lingua galega que se estrea nas salas comerciais de Portugal recibe unha grande acollida
O cine galego e en galego tamén triunfa en Portugal. Logo da súa estrea o pasado día 17 no país veciño, o filme Pradolongo recibiu unha grande acollida nas salas dos Cinemas Cinemax de Braga. Deste xeito, Pradolongo convértese no primeiro filme en lingua galega que se estrea nas salas comerciais de Portugal, grazas á iniciativa do Centro de Estudos Galegos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho.
Fonte: Xunta de Galicia
O ensino da lingua vernácula umbundu ampliarase en Angola
O ensino da lingua vernácula umbundu nas escolas de ensino primario da provincia de Huambo ampliarase este ano coa formación de 2500 profesores.
Fonte: Angop
A lingua portuguesa podería ser excluída da diplomacia da Unión Europea
A eventual non inclusión do portugués como lingua de traballo do Servizo Europeo de Acción Externa é inaceptable e inadmisible, di o presidente da Comisión de Asuntos Exteriores da Asemblea da República.
Fonte: Renascença
A ONU celebra o Día da Lingua Inglesa como parte do recoñecemento das súas seis linguas oficiais
As Nacións Unidas celebraron o aniversario do falecemento de William Shakespeare conmemorando o Día da Lingua Inglesa, a segunda celebración deste ano dunha serie que ten como obxectivo promover a sensibilización e o respecto pola historia, a cultura e os logros de cada unha das seis linguas oficiais desta entidade internacional.
Fonte: UN News Centre
A lingua ixcateca está a un paso de extinguirse en Nochixtlán (México)
O ixcateco, lingua indíxena de Nochixtlán, ten só seis falantes nesa zona de México, todos adultos maiores que como moito vivirán dez anos máis; porén as xeracións vindeiras non queren aprender a lingua materna porque a mesma sociedade o cualifica como retroceso.
Fonte: ADN Sureste
Microsoft e Google recoñecen a necesidade de impulsar o árabe en internet
A integración do idioma árabe en internet e outros sectores tecnolóxicos outorgará a millóns de cidadáns o acceso ao mundo dixital, segundo afirman executivos de Microsoft e Google.
Fonte: Hoy Tecnología
Boletín
Subscríbase ao boletín