Mundo
Propoñen unha lei en Ecuador que normalice os dereitos lingüísticos dos indíxenas
O vicepresidente da Comisión de Xustiza e Estrutura do Estado presentou un proxecto de Lei orgánica de dereitos lingüísticos dos pobos e nacionalidades indíxenas, cuxa finalidade é ditar normas sobre o uso, a investigación lingüística, a construción do léxico escrito, a estrutura gramatical, o sistema fonolóxico, a tradución ao castelán, a promoción, fomento, desenvolvemento, ensino e conservación dos idiomas ancestrais.
Fonte: Radio Sucre
África disporá dunha canle televisiva vía satélite en idioma árabe
África disporá da primeira canle de televisión vía satélite en lingua árabe, que transmitirá informativos e programación variada, confirmaron directivos da institución.
Fonte: Prensa Latina
A televisión de Sudáfrica retransmitirá o Mundial nas once linguas oficiais do país

Sudáfrica é un país onde conviven oficialmente once linguas distintas e a radiotelevisión pública (SABC, siglas en inglés) retransmitirá os 64 partidos do Mundial simultaneamente en todas e cada unha delas.
Fonte: Marca
Un ministro fala por primeira vez en gaélico escocés no Consello Europeo
O ministro de Educación Mike Russell fixo historia ao falar en gaélico no Consello Europeo, no que se dirixiu aos membros do Consello de Educación, Xuventude e Cultura nunha reunión en Bruxelas. A pequena intervención é a primeira realizada nunha xuntanza deste tipo en gaélico, lingua que foi recoñecida como cooficial na UE.
Fonte: BBC News
Turquía está perdendo o seu patrimonio lingüístico
A historia de Turquía fixo do país, en palabras do catedrático e etimólogo George Hewitt, un "tesouro lingüístico". Pero se non se fai máis para salvar estas linguas, podería converterse nun cemiterio lingüístico. A Unesco catalogou 15 linguas faladas en Turquía como "en perigo" e criticou o país por non facer o suficiente para salvalas.
Fonte: Aljazeera
O secretario de Estado para a UE acusa o presidente da Eurocámara de bloquear o uso das linguas cooficiais de España
O secretario de Estado para a Unión Europea (UE), Diego López Garrido, acusou o presidente do Parlamento Europeo, Jerzy Buzek, de bloquear o uso normalizado das linguas cooficiais do Estado -catalán, vasco e galego- por parte dos membros da Eurocámara.
Fonte: EFE
O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos de México imparte os seus cursos en 49 linguas autóctonas
O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos (INEA) imparte instrución á poboación indíxena a partir de materiais en 49 linguas autóctonas, co que contribúe á súa preservación.
Fonte: Yucatán
O interese polo portugués como lingua estranxeira está a aumentar
No presente ano lectivo, cerca de 84.000 alumnos acoden a 5.680 cursos de Lingua e Cultura Portuguesas no ámbito do Ensino Portugués no Estranxeiro (EPE), segundo datos do Gabinete de Estudos e Planeamento da Educación (GEPE) do Ministerio de Educación.
Fonte: Mundo Português
A radio televisión vasca, EITB, ampliará a súa oferta en éuscaro en Iparralde cun programa semanal
EITB ampliará en breve a súa programación en éuscaro en Iparralde coa emisión dun novo programa semanal informativo de media hora que se emitirá cada sábado. Esta nova oferta en éuscaro chega grazas a un convenio alcanzado entre a radio televisión pública vasca e a Oficina Pública da Lingua Vasca en Iparralde, institución encargada da política lingüística no País Vasco francés.
Fonte: Diario Vasco
A metade das linguas podería desaparecer en 2100, segundo a Unesco
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) afirma que a metade das linguas modernas "desaparecerá probablemente" a finais de século.
Fonte: Press TV
Boletín
Subscríbase ao boletín