Mundo

Francia pídelles aos tribunais de Cataluña que non remitan as sentenzas en catalán

O Ministerio de Xustiza de Francia e o Consello Xeral do Poder Xudicial español (CGPJ) instaron os xuíces de Cataluña a que non remitan escritos en catalán a tribunais franceses por vulnerar o regulamento de usos lingüísticos.

Fonte: La Vanguardia

Médicos e enfermeiras estranxeiros terán que aprobar exames de lingua para traballar no Sistema Nacional de Saúde británico

Segundo os plans do Goberno, médicos e enfermeiras estranxeiros estarán obrigados a aprobar exames de lingua antes de traballar no Sistema Nacional de Saúde británico. Esta medida acabará co escándalo de doutores estranxeiros que traballan en hospitais británicos sen demostrar os seus coñecementos de inglés.

Fonte: Telegraph

A lingua otomí atópase en perigo de extinción

O 49 % da poboación otomí xa perdeu o seu idioma por procesos migratorios e de discriminación, polo que é unha lingua en perigo de extinción a pesar de ser a quinta en importancia polo seu número de falantes das 62 linguas indíxenas que sobreviven en México.

Fonte: Diario de Querétaro

Un bretón fai unha volta a Europa en bicicleta para coñecer todas as linguas minorizadas

O bretón Emmanuel Le Merlus fará máis de 18.000 km durante un ano co obxectivo de promover a diversidade lingüística en todo o continente, así como dar a coñecer a realidade do pobo bretón.

Fonte: Nationalia

O español é o idioma de consulta máis usado na Biblioteca Dixital Mundial

A lingua española é a máis utilizada na páxina electrónica da Biblioteca Dixital Mundial (BDM), segundo declarou o seu director, John Van Oudenaren, quen participou en México nun congreso internacional sobre dixitalización de códices mesoamericanos.

Fonte: La Voz Libre

Promulgan unha lei que outorga recoñecemento oficial á lingua de signos peruana

O Executivo promulgou a lei que recoñece oficialmente a lingua de signos peruana, aprobada polo pleno do Congreso da República, e que beneficiará a máis de 675.000 persoas con discapacidade auditiva no país que utilizan este mecanismo para comunicarse.

Fonte: Andina

Perú celebrará unha marcha pola revalorización das súas linguas nativas

O Día do Idioma Nativo é unha festividade de Perú que se celebra cada 27 de maio en conmemoración ao recoñecemento das súas linguas aborixes como o quechua, o aimará ou as linguas selváticas.

Fonte: Los Andes

O inglés continúa sendo a lingua estranxeira preferida nas escolas finlandesas

O inglés continúa sendo a lingua estranxeira máis popular para os alumnos das escolas finlandesas. Segundo os datos facilitados polo instituto estatístico finlandés, máis do 99 % dos estudantes de ensino secundario cursou inglés en 2009.

Fonte: YLE

A Televisión Pública de Angola terá unha "ventá" de lingua de signos

O coordinador da comisión executiva da Televisión Pública de Angola (TPA), Hélder Bárber, anunciou que este órgano público de comunicación social vai incorporar aos principais servizos informativos unha "ventá" de lingua de signos.

Fonte: Angola Press

Un millón de topónimos indíxenas está en perigo de extinción en Australia

Os editores dun novo libro sobre linguas aborixes afirman que máis dun millón de topónimos indíxenas se atopa en perigo de desaparecer para sempre.

Fonte: ABC News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder