Mundo

Rescatan en Venezuela linguas indíxenas esquecidas

A imprenta e as novas tecnoloxías conxúganse en Venezuela para propiciar o rescate dunha lingua indíxena que se cría esquecida, a lingua añú, de raíz arawaka ou taína.

Fonte: Prensa Latina

O Parlamento Europeo dá luz verde ao dereito a tradución e interpretación en procesos penais

O Parlamento Europeo aprobou unha directiva que dá dereito aos cidadáns da UE con procesos penais abertos noutros Estados membro a recibir interpretación durante o interrogatorio policial, as audiencias no tribunal e as comunicacións co seu avogado.

Fonte: Parlamento Europeo

Dez linguas nativas contan con alfabetos propios en once rexións de Perú

A Dirección de Educación Intercultural Bilingüe do Ministerio de Educación (Minedu) elaborou normas para dez linguas nativas -nove amazónicas e unha andina- nos últimos catro anos, o que permite que nos colexios e comunidades de once departamentos se impartan clases co uso dun alfabeto elaborado na súa propia lingua materna.

Fonte: Andina

Unhas 36 variantes de linguas indíxenas atópanse en risco de extinción en México

Das 364 variantes lingüísticas indíxenas que existen en México, o dez por cento está en risco de desaparecer debido á discriminación que sofren os membros destas comunidades, segundo fontes oficiais.

Fonte: EFE

O español é a segunda lingua nativa máis falada no mundo

O español xa é a segunda lingua materna máis falada no mundo, con máis de 416 millóns de falantes nativos. Segundo o último informe do Instituto Cervantes, converteuse tamén no segundo idioma de comunicación internacional, e no terceiro máis utilizado en internet.

Fonte: Clarín

O Parlamento Europeo analiza a situación do éuscaro en Navarra

A situación o éuscaro en Navarra volve ser centro de atención no Parlamento Europeo. O intergrupo de Minorías tradicionais, nacionalidades e linguas da Eurocámara analiza a política lingüística do Goberno foral.

Fonte: Noticias de Navarra

O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos de México crea libros en linguas indíxenas para alfabetizar a poboación

O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos (INEA) elabora novos materiais en lingua indíxena, co fin de brindarlles un servizo de máis calidade ás case 69 mil persoas que instrúe nos pobos orixinarios do país.

Fonte: Diario de Yucatán

Turquía recibe críticas por non asinar a carta das linguas minoritarias

O Consello de Europa, a institución máis destacada na defensa dos dereitos humanos e fundamentais de Europa, criticou a un conxunto de países europeos, entre eles Turquía, por non asinar a carta de 1992 que protexe as linguas minoritarias.

Fonte: Today's Zaman

Preséntanse en Edimburgo as principais liñas de actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu por primeira vez á reunión anual da comisión executiva e da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo á que están asociadas institucións públicas e entidades privadas de máis de vinte rexións europeas con lingua propia.

Fonte: Xunta de Galicia

A aprendizaxe dunha lingua local de Zambia será obrigatoria no ensino primario

O Goberno de Zambia afirmou que os nenos terán que estudar unha lingua local, xunto co inglés, desde o primeiro curso ata o cuarto para axudalos a adquirir as habilidades iniciais básicas de ler e escribir nas linguas locais.

Fonte: People´s Daily Online

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder