Mundo
Celébrase na sede das Nacións Unidas o Día da Lingua Rusa
O Día da Lingua Rusa celebrouse na sede das Nacións Unidas en Nova York o martes 8 de xuño. Esta celebración realízase no marco do programa de apoio e desenvolvemento do plurilingüismo e a diversidade cultural.
Fonte: ITAR-TASS
Unha nova lei promoverá o suahili en Kenya
A constitución proposta declara que o suahili é a lingua nacional e oficial. Tamén recoñece todas as outras linguas de Kenya e obrigará o Estado a promover o desenvolvemento e uso destas linguas. Con estas declaracións, elevarase o status do swahili, e o prexuízo contra as linguas vernáculas acabará.
Fonte: Daily Nation
Estonia intenta eliminar o ruso do seu vocabulario
Unha campaña que está a levar a cabo o Goberno de Estonia intenta elevar o status do estoniano e marxinar a lingua do antigo colonizador, Rusia.
Fonte: Último Segundo
A minoría sorabia de Alemaña está en risco de perder a súa lingua
Os sorabios son a etnia eslava máis pequena do mundo. Tan só arredor de 60.000 sorabios viven nos estados alemáns de Saxonia e Brandemburgo, e a súa lingua estase extinguindo. A xeración máis vella é a última que fala sorabio na casa.
Fonte: Deutsche Welle
O Concello de Perpiñán proclama o catalán lingua cooficial xunto co francés
O catalán xa é lingua cooficial xunto ao francés no Concello de Perpiñán. Decidiuno o pleno municipal da cidade por unanimidade. A decisión ten o obxectivo de garantir a pervivencia e a transmisión da lingua catalá, e asegurar a súa presenza nos diversos campos da vida pública e social de Perpiñán.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno boliviano esixiralles aos funcionarios xudiciais o coñecemento de linguas indíxenas
A asemblea lexislativa de Bolivia tomou a resolución de esixirlles aos funcionarios públicos, sobre todo ás autoridades xudiciais, que dominen algunha lingua aborixe para evitar que os litigantes indíxenas, ademais de cargar co peso dun proceso legal, deban afrontar a limitación do idioma.
Fonte: teleSUR TV
Os partidos de fútbol do Mundial de Sudáfrica difúndense nas once linguas oficiais do país
O fútbol do Mundial difúndese nas once linguas oficiais do país, pero tamén é frecuente escoitar castelán, portugués, italiano e mesmo árabe.
Fonte: Diario Vasco
Aproban o alfabeto do kakataibo para as rexións peruanas de Ucayali, Huánuco e Loreto
O Ministerio de Educación aprobou, mediante resolución, o alfabeto do kakataibo, que servirá para impartir clases nas institucións educativas dos departamentos de Ucayali, Huánuco e Loreto (Perú).
Fonte: InfoRegion
A disputa lingüística entre francófonos e flamengos centra as eleccións belgas
Estes comicios celébranse menos de dous meses despois da caída do goberno do democristián flamengo Yves Leterme pola incapacidade dos seus dirixentes para acordar un estatuto lingüístico na periferia de Bruxelas.
Fonte: Euronews
O Reino Unido introduce un exame de inglés para inmigrantes
Todos os inmigrantes de fóra de Europa no Reino Unido deberán aprobar un exame básico de lingua inglesa antes de que se lles conceda un visado, segundo as novas normas anunciadas polo Goberno.
Fonte: CNN
Boletín
Subscríbase ao boletín