Mundo

Un total de 108 universidades de Iberoamérica asina un convenio para a certificación do español

Máis dun centenar de universidades iberoamericanas asinou un convenio para regular o funcionamento do Sistema Internacional de Certificación do Español como Lingua Estranxeira (SICELE).

Fonte: ABC

A FIFA retransmitirá por internet as crónicas dos partidos do Mundial de Sudáfrica en lingua de signos internacional

A FIFA retransmitirá no seu sitio oficial de internet crónicas en vídeo dos 64 encontros do Mundial en lingua de signos internacional, e será a primeira vez que as persoas xordas ou hipoacústicas teñan acceso a este torneo. A lingua de signos internacional é unha linguaxe auxiliar empregada en asembleas internacionais tales como o Congreso da Federación Mundial de Xordos ou en acontecementos como as Xordolimpíadas.

Fonte: FIFA

A poboación de Quebec será consultada sobre a lei que modificará a Carta da Lingua Francesa

A Asemblea Nacional confioulle á Comisión de Cultura e Educación o mandato de facer unha consulta xeral sobre o proxecto de lei n.º 103, lei pola que se modifica a Carta da Lingua Francesa e outras disposicións lexislativas.

Fonte: Gouv. du Québec

Os xuíces rexeitan un intento de acabar coa prohibición da lingua irlandesa

Os maxistrados rexeitaron un intento legal de anular unha prohibición de 270 anos sobre o uso da lingua irlandesa nos procesos xudiciais de Irlanda do Norte. O Tribunal de Apelación afirma que a lei era discriminatoria e que infrinxía a Convención Europea de Dereitos Humanos.

Fonte: Belfast Telegraph

A República do Congo pasará a ensinar portugués nas escolas

Os gobernos de Portugal e da República do Congo asinaron en Lisboa un acordo que prevé que, a partir de 2011, a lingua portuguesa sexa ensinada nas escolas do país africano.

Fonte: BBC Brasil

A lingua da minoría s'aoch atópase próxima á extinción

A minoría s'aoch de Cambodia conta para salvar a súa lingua con dez anciáns depositarios da herdanza cultural, porque a xuventude está interesada en escapar da marxinación e parecerse a calquera outra persoa nova da maioría xemer.

Fonte: ABC

Microsoft e Google consideran necesario impulsar o árabe en internet

Malia que o árabe conta cun elevado número de falantes en todo o mundo, non é un idioma masivamente utilizado na rede. Desde o ano 2000, o uso do árabe en internet medrou con máis rapidez que ningunha outra lingua e os custos de acceso reducíronse.

Fonte: Linguamón

Planean un instituto para preservar as linguas indíxenas no estado mexicano de Michoacán

O Goberno do Estado de Michoacán está a deseñar estratexias para preservar o nahua, o mazahua, o otomí e o purépecha e para tal efecto está desenvolvendo o proxecto de creación dunha institución que preserve, fortaleza e desenvolva as linguas indíxenas.

Fonte: Mi Morelia

O maior grupo editorial portugués aplica o acordo ortográfico

O grupo editorial Impresa, o maior de Portugal, comeza a aplicar o acordo ortográfico da lingua portuguesa, que unifica as diferenzas existentes entre a variante europea da lingua e a brasileira.

Fonte: Terra

O 19 de xuño celébrase o Día do Español en 42 países do mundo

O sábado 19 de xuño en todos os Institutos Cervantes que existen salpicados a nivel mundial vaise celebrar o Día do Español.

Fonte: Empresa Exterior

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder