Mundo

En Canadá aumenta o interese polo estudo do chinés

Ter fluidez en chinés pode significar gozar de máis oportunidades en Canadá, e os pais, estudantes e educadores recoñecen o xurdimento de China, polo que o seu interese en estudar esta lingua aumentou.

Fonte: Crienglish

Lanzan os primeiros enderezos de internet en caracteres non latinos

Exipto, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos foron os primeiros países aos que lles asignaron distintivos de país en árabe. Máis de vinte países solicitáronlle xa á ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers [Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números]) a aprobación de dominios internacionais.

Fonte: Telegraph

Turquía está preparada para ampliar as axudas co fin de abrir novas escolas que ofrezan educación en tátaro

O ministro de Asuntos Exteriores de Turquía, Ahmet Davutoglu, participou na cerimonia inaugural das instalacións dunha escola en Crimea, onde afirmou que Turquía estaba preparada para ampliar as axudas co fin de abrir novas escolas que ofrezan educación na lingua tátara.

Fonte: World Bulletin

O PEN Catalán denuncia ante a ONU a marxinación do catalán na xustiza

A organización de escritores PEN Catalán denunciou ante a ONU a marxinación da lingua catalá no ámbito da xustiza, durante o Exame Periódico Universal (EPU) ao que se someteu o Estado español na sede das Nacións Unidas en Xenebra.

Fonte: PEN Català

Unha canle de televisión australiana retransmite leccións para nenos nunha lingua aborixe

Unha canle de televisión australiana está retransmitindo as primeiras leccións nunha lingua aborixe dirixidas a nenos pequenos nun intento por deter o alarmante declive que acabou con centos de dialectos nativos.

Fonte: The Straits Times

Universidades de todo o mundo difunden a lingua e a cultura galegas a través de diversas actividades

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia continúa o seu labor de proxección exterior da lingua e da cultura galegas a través dos centros de estudos galegos, que desenvolven a súa actividade en máis de corenta universidades de todo o mundo.

Fonte: Xunta de Galicia

A Unesco celebra o Día da Lingua Portuguesa

A lingua portuguesa vai ser celebrada na sede da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), en París.

Fonte: Jornal Digital

Singapur incide no ensino das linguas maternas

O primeiro ministro de Singapur, Lee Hsien Loong, reiterou a importancia do ensino das linguas maternas como característica fundamental do sistema educativo de Singapur. Nunha rolda de prensa afirmou que o peso da lingua materna non se reducirá no exame final do ensino primario do país.

Fonte: People's Daily Online

Os estudantes protestan contra os recortes no uso do galés na Universidade de Bangor

Profesores e estudantes protestaron contra os recortes do uso da lingua galesa na Universidade de Bangor mediante a presentación dun documento aos funcionarios da Universidade. Segundo os defensores da lingua galesa, nos últimos anos estase producindo unha redución constante do galés como lingua vehicular da Universidade.

Fonte: Daily Post

Google Translate amplía o soporte de linguas no seu sintetizador de voz

O servizo de tradución de texto de Google conta cunha característica de grande utilidade como é a posibilidade de escoitar as traducións a viva voz mediante tecnoloxía text-to-speech que vén de ampliar o seu soporte de linguas, de xeito que xa non só fala en inglés, francés, italiano, alemán, hindi e español, senón que agora tamén pode pronunciar os textos traducidos ao albanés, catalán, mandarín, croata, checo, danés, holandés, finés, grego etc.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder