Mundo

Un novo informe da Oficina do Censo dos Estados Unidos analiza a diversidade lingüística do país

O número de persoas de 5 anos ou máis que fala unha lingua distinta do inglés na casa duplicouse nas últimas tres décadas a un ritmo catro veces maior có crecemento da poboación do país, segundo un novo informe da Oficina do Censo dos Estados Unidos que analiza datos da Enquisa sobre a Comunidade Estadounidense durante o período 1980-2007.

Fonte: PR News Wire

A aprendizaxe do español aumentou en Europa

Os datos da Estatística da Acción Educativa no Exterior 2009-2010, publicada recentemente polo Ministerio de Educación, revela que a aprendizaxe do español creceu especialmente no Reino Unido, Francia e Alemaña na última década.

Fonte: La Información

As linguas indíxenas de British Columbia atópanse en perigo de extinción

As linguas indíxenas de British Columbia están en perigo de desaparición, dado que o número de persoas que as falan con fluidez está diminuíndo, e os programas lingüísticos escolares e comunitarios loitan por mantelas vivas, segundo afirma un novo informe.

Fonte: The Globe and Mail

O Goberno de Sri Lanka afirma que os empregados públicos deben ser trilingües

O Ministerio de Linguas Nacionais e Integración Social de Sri Lanka adoptou medidas para executar un novo programa que ten como obxectivo ensinar tres linguas (cingalés, támil e inglés) a 1,2 millóns de empregados do sector público.

Fonte: Colombo Page

Presentan un dicionario en quechua, aimará e outras catro linguas

Poñer en valor a lingua dos pobos excluídos de Perú é o obxectivo do dicionario en seis idiomas, quechua, aimará e outras catro linguas (inglés, alemán, francés e español), que foi presentado en Lima (Perú).

Fonte: La República

Cuestiónase o mantemento do portugués como lingua oficial en Timor-Leste

O mantemento do portugués como lingua oficial de Timor-Leste está sendo nos últimos meses cuestionado por «varias voces» da sociedade timorense. Na base das críticas están argumentos como a distancia xeográfica que separa o país de calquera dos seus socios da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e o feito de que gran parte da poboación entende as linguas dos dous principais países veciños (malaio indonesio e inglés).

Fonte: Ibinda

India perde as súas linguas antigas a medida que o hindi se converte no idioma predominante

O jad, unha lingua similar ao tibetano, conta con arredor de 200 familias que a falan e é unha das linguas minoritarias que están desaparecendo na India como consecuencia da extensión de linguas grandes como o hindi.

Fonte: The National

Máis de mil alumnos estudan éuscaro en 30 universidades de todo o mundo

O éuscaro entrou nas universidades internacionais hai oito anos e neste tempo expandiuse ata chegar a trinta universidades de todo o mundo.

Fonte: Noticias de Navarra

Google incorpora un teclado virtual ás súas buscas para escribir en alfabetos non latinos

Escribir en ruso ou chinés desde un teclado normal é imposible. Pero Google inventou a solución ao integrar un teclado virtual nos seus sitios, que fai posible que calquera persoa poida escribir en calquera idioma.

Fonte: Emol

Cinco organizacións civís irlandesas únense para crear unha escola de inmersión en gaélico

O proxecto para unha nova 'Gaelscoil' non obtivo o permiso do Departamento de Educación de Irlanda, e as entidades alertan dun cambio de criterio por parte da Administración, que desde 2008 non autorizou a apertura de ningunha nova escola de inmersión lingüística.

Fonte: Nationalia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder