Mundo
O Goberno de Mauritania desmente que queira unha arabización completa da Administración
O Goberno mauritano desmentiu que queira proceder a unha "arabización completa da Administración", dúas semanas despois do comezo das manifestacións de estudantes contra esta opción.
Fonte: AFP
Unha experta afirma que as linguas indíxenas de Ghana están ameazadas polas estranxeiras
A profesora Akosua Anyidoho, antiga membro do Departamento de Lingüística da Universidade de Ghana, salientou a necesidade de levar a cabo esforzos para proxectar e protexer as linguas indíxenas do país da ameaza potencial de morte.
Fonte: Business Ghana
Un profesor desenvolve un sistema de aprendizaxe en liña da lingua chontal
O yokot’an, popularmente coñecido como “chontal”, é unha lingua de Tabasco (México) cuxos falantes pasaron de cerca de 44 mil no ano 2000, a só 34 mil na actualidade. Para combater a extinción, Óscar González, profesor e investigador da Universidade Juárez Autónoma de Tabasco (UJAT), creou un prototipo en internet para a aprendizaxe de linguas indíxenas a distancia, empezando co yokot’an.
Fonte: Tabasco Hoy
Asínase unha carta da lingua corsa
O presidente do Consello Executivo de Córsega, Paul Giacobbi, e o do Centro Nacional da Función Pública Territorial, François Deluga, asinaron unha carta para o desenvolvemento da práctica da lingua corsa.
Fonte: Le Figaro
O Europarlamento e a Comisión Europea inician unha campaña para animar a xente nova a converterse en intérpretes
O Parlamento e a Comisión Europea consideran que a profesión de intérprete ten futuro e por iso iniciaron unha campaña para concienciar a xente nova para que se formen neste ámbito, que contará cun 18 % de profesionais nos próximos quince anos.
Fonte: Cinco Días
Timor-Leste pide apoio ao ensino da lingua portuguesa
O ministro timorense de Educación afirma que é preciso máis apoio do Estado portugués ao ensino da lingua portuguesa.
Fonte: Renascença
O primeiro ministro de Mauricio promete a introdución da lingua crioula nas escolas de primaria
O primeiro ministro, Navin Ramgoolam, prometeu a introdución da lingua crioula de Mauricio como materia optativa no ensino primario en caso de vitoria nas próximas lexislativas.
Fonte: Lexpress
Ucraína podería permitir utilizar o ruso nos tribunais
Os lexisladores do partido presidencial das Rexións de Ucraína presentaron un proxecto de lei ante o Parlamento para permitir o uso da lingua rusa ante os tribunais, segundo RIA Novosti.
Fonte: Financial
O Goberno federal de Canadá anuncia unha axuda suplementaria para as linguas oficiais do país
O Ministerio de Obras Públicas e de Servizos Gobernamentais anunciou a sinatura de acordos de contribucións suplementarias para reforzar as linguas oficiais de Canadá.
Fonte: Marketwire
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa relanza a actividade do Instituto da Lingua Portuguesa
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) relanzará a actividade do Instituto da Lingua Portuguesa (ILP), co obxectivo de tornalo máis eficiente e así cumprir cos obxectivos para os cales foi creado, anunciou o secretario executivo da CPLP, Domingos Simões Pereira.
Fonte: Angola Press
Boletín
Subscríbase ao boletín