Mundo

Os funcionarios ameazan a supervivencia da lingua irlandesa

A supervivencia do irlandés como lingua atópase gravemente ameazada porque cada vez máis funcionarios non o saben falar e usan o inglés no seu lugar. Sean O Cuirreain, o comisario da lingua irlandesa, afirmou que, desde unha perspectiva nacional, a lingua propia está segura e protexida por leis estatais.

Fonte: Independent

As linguas da illa de Mayotte atópanse en perigo

Ahamed Attoumani Douchina, presidente do Consello Xeral, invitou os habitantes de Mayotte a traballar pola valorización e conservación das súas linguas abocadas á desaparición como moitas linguas non escritas.

Fonte: RFO

Os países lusófonos aproban un plan para a promoción da lingua portuguesa

Os membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobaron un plan de acción para a promoción do idioma luso como lingua internacional e de uso oficial na Organización de Nacións Unidas (ONU).

Fonte: EFE

As provincias de Ucraína poderán escoller a súa lingua oficial

As provincias ucraínas terán o dereito de elixir a lingua de comunicación segundo as necesidades dos seus habitantes.

Fonte: RIA Novosti

Consideran inadmisible o ensino en ruso nas escolas superiores de Letonia

Maris Baltins, director do Centro Letón da Lingua de Estado, cualificou de inadmisibles os debates sobre a posibilidade do ensino en lingua rusa nas escolas superiores de Letonia.

Fonte: RIA Novosti

A televisión turca TRT lanza unha canle en lingua árabe

A televisión pública turca TRT lanzou unha canle en lingua árabe destinada a consolidar os vínculos co mundo árabe.

Fonte: Casafree.com

O Concello de Glasgow lanza un ambicioso plan para inverter a decadencia do gaélico

O gaélico é unha lingua aínda en decadencia falada só por pouco máis do 1 % da poboación do país. Pero o Concello de Glasgow presentou unha imaxe atrevida para contribuír a asegurar o futuro do gaélico na maior cidade de Escocia.

Fonte: Herald Scotland

O portugués terá unha plataforma de ensino común en internet

A lingua portuguesa vai ter unha plataforma de ensino común en internet. A medida está prevista nun plan de acción, aprobado polo Consello de Ministros da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), que ten como obxectivo a “promoción, difusión e proxección” do portugués.

Fonte: Sapo.pt

Trescentos cargos electos húngaros de Romanía reivindican a oficialidade do húngaro

Alcaldes e rexedores do territorio székely declaran simbolicamente a igualdade da lingua maxiar e a romanesa, e piden en Bucarest que aprobe a autonomía para as provincias de maioría húngara.

Fonte: Nationalia

As linguas nativas de Colombia están en perigo

De 68 linguas que se falan en Colombia, hai cinco próximas á morte e outras están en estado crítico. Hainas mesmo con menos de 10 falantes. Acábase de aprobar unha lei, a 1381 de 2010, que intenta preservalas.

Fonte: El Colombiano

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder