Mundo
O inglés e o francés son as principais linguas de ensino nos países africanos
África é o único continente onde o ensino non se imparte na lingua local de cada país. Pola contra, son o inglés e mais o francés os principais idiomas do ensino, o que ten como consecuencia unha elevada taxa de abandonos e de fracasos escolares.
Fonte: Les Afriques
Angola precisa máis dun milleiro de avogados que fale linguas estranxeiras
Angola precisa polo menos 1.500 avogados que falen linguas estranxeiras para negociar contratos e defender mellor os intereses do país, en especial os dos clientes.
Fonte: Agência Angola Press
O Goberno armenio modifica o proxecto de lei das escolas con educación en linguas estranxeiras
O ministro de Educación armenio, Armen Ashotian, afirmou que en breve se presentará ao Parlamento para a súa aprobación un proxecto de lei revisado que permitirá que un número limitado de escolas de Armenia imparta docencia nunha lingua estranxeira.
Fonte: RFERL
A Unesco invita a Linguamón-Casa das Linguas a presentar o seu proxecto en París
Linguamón-Casa das Linguas presenta o seu proxecto ante a Unesco en París. A máxima institución das Nacións Unidas en materia de educación e linguas invitou a Linguamón a que expoña as súas liñas de traballo ante a súa Plataforma Intersectorial de Linguas e Multilingüismo, o organismo da Unesco que coordina todas as accións en materia de multilingüismo.
Fonte: Linguamón
Presentan unha iniciativa en Honduras para promover a obrigatoriedade de impartir o inglés no sistema educativo público
A educación bilingüe é unha promesa de campaña que ningún dos políticos que a propuxo levou á práctica, pese a que no Congreso Nacional se presentaron varios proxectos de reforma constitucional.
Fonte: El Heraldo
A Comisión Europea aproba o réxime de axudas a prol da promoción do éuscaro
No marco do programa xeral para promover o uso do éuscaro, a Comisión Europea acordou que o Goberno vasco destine a ese fin 12.690.000 €.
Fonte: Euskara
Un informe asegura que en internet debería haber máis contidos locais nas linguas rexionais
Segundo un informe da Unión Internacional de Telecomunicacións do ano 2010, existe unha necesidade de máis contidos locais nas linguas rexionais en internet. O informe asegura que a web, na que aínda prevalece o inglés, precisa cambiar a medida que a proporción de usuarios de internet anglófonos se reduce.
Fonte: The Hindu
Un municipio brasileiro promulga o guaraní como idioma oficial
O municipio de Tacuru, situado 416 quilómetros ao sur de Campo Grande, capital do estado brasileiro de Mato Grosso do Sur, promulgou o día 31 de maio a lei municipal que establece a lingua indíxena guaraní como o seu idioma oficial, xunto co portugués.
Fonte: Pueblo en Línea
O Goberno vasco asume un terzo das axudas públicas ao éuscaro en Iparralde
O Goberno vasco, a través do Departamento de Cultura, asumirá algo máis dun terzo da principal partida das axudas públicas ao éuscaro en Iparralde: os 1.600.000 euros que pon a disposición de organismos e entidades vinculados á normalización do éuscaro Euskararen Erakunde Publikoa-Office Public de la Langue Basque (Oficina Pública da Lingua Vasca).
Fonte: Diario Vasco
Radio Television Malaysia continuará dándolle importancia á lingua malaia
Radio Television Malaysia (RTM) centrarase na lingua malaia nos seus programas, dado que está convencida de que a lingua pode forxar unhas relacións máis estreitas entre as diversas comunidades do país.
Fonte: Bernama
Boletín
Subscríbase ao boletín