Mundo
A Academia das Letras de Paquistán traballa pola promoción de todas as linguas paquistanís
A Academia das Letras de Paquistán traballa pola promoción non só da literatura urdú, senón tamén de todas as linguas de Paquistán, e publicou unha escolma de literatura en guxaratí por primeira vez na historia da literatura paquistaní.
Fonte: The News
O Parlamento armenio dálle a aprobación inicial ao proxecto de lei de linguas estranxeiras
O Parlamento armenio deulles a aprobación preliminar ás controvertidas emendas que poderían permitir escolas de linguas estranxeiras no país.
Fonte: RFERL
As leis orgánicas bolivianas traduciranse a linguas nativas
A presidenta da Comisión de Xustiza Plural da Cámara Alta (senadores) de Bolivia, Sandra Soriano, informou que as leis orgánicas da nación serán traducidas a linguas nativas para socializalas.
Fonte: Prensa Latina
Aproban a Lei para a preservación e uso das linguas orixinarias e nativas de Perú
A congresista da República María Sumire mostrou a súa satisfacción pola aprobación da Lei para a preservación e uso das linguas orixinarias e nativas de Perú. A lexisladora precisou que a lei aprobada garda concordancia coa filosofía da UNESCO.
Fonte: Radio Onda Azul
O sánscrito está prosperando nas escolas do Reino Unido
Pode que o sánscrito sexa un recurso con carencias e que haxa poucos alumnos na India, pero existen escolas e universidades no Reino Unido onde esta lingua está prosperando.
Fonte: NDTV
Chegou o momento do chinés nos dominios de internet

Internet xa deixou atrás a exclusividade de escribir os seus enderezos web en alfabeto latino e, despois do árabe, por exemplo, chegou o momento agora doutro grande idioma: o chinés. Así o anunciou a ICANN, o organismo que xestiona os nomes dos dominios na rede, tras unha reunión en Bruxelas.
Fonte: Cibersur
Asinan unha declaración conxunta en defensa das linguas transfronteirizas de Ecuador, Colombia e Perú
O primeiro Encontro de integración das familias lingüísticas transfronteirizas da Amazonía de Ecuador, Colombia e Perú culminou exitosamente coa subscrición da declaración conxunta en defensa das linguas aborixes transfronteirizas.
Fonte: El Ciudadano
Google incorpora o suahili nalgúns dos seus produtos
En recoñecemento da actual integración rexional e o importante aumento das linguas locais en internet, Google lanzou as versións de Gmail, Google Maps e Google Chrome en suahili.
Malaisia ensinará mandarín e támil nas escolas de educación primaria do país
As escolas de educación primaria de Malaisia comezarán a ensinar mandarín e támil o próximo curso para permitirlles aos estudantes, en especial aos de ascendencia chinesa e india, a aprendizaxe das súas linguas maternas.
Fonte: People's Daily Online
A Unesco declara a lingua zápara de Ecuador patrimonio oral da humanidade
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) declarou a lingua zápara de Ecuador como Patrimonio Oral da Humanidade.
Boletín
Subscríbase ao boletín