Mundo

Os indíxenas mexicanos contarán con asistencia legal na súa lingua

México presentou o Padrón Nacional de Intérpretes e Tradutores en Linguas Indíxenas (Panitli) para ofrecer asistencia legal a mexicanos de diversos grupos étnicos que só falen na súa lingua nativa.

Fonte: El País

A rexión rusa de Chukotka lanza a súa primeira guía de conversación en lingua chukchi e esquimó

A rexión rusa de Chukotka elaborou a súa primeira guía de conversación en lingua chukchi e esquimó, á que pode accederse no seu portal turístico en internet.

Fonte: EFE

Máis do 80 % dos intercambios na UE entre membros de distintos países fanse en inglés

O director do Servizo de Idiomas da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, Francisco Lorenzo, asegurou que máis do 80 % dos intercambios comunicativos en Europa entre membros de distintas nacionalidades se realiza en inglés.

Fonte: ABC

Funcionarios nixerianos recibirán preparación en idioma chinés para participar na Expo de Shanghai

Con motivo da chegada do Día do Pavillón de Nixeria na Exposición Universal de Shanghai 2010, o Instituto de Confucio nixeriano realizará un adestramento en idioma chinés para os funcionarios do Ministerio de Comercio.

Fonte: CRI

A educación bilingüe podería mellorar as condicións de vida das minorías étnicas de Vietnam

A educación bilingüe non é só unha medida desexable para a transmisión xeracional das linguas ameazadas, senón que pode ser unha ferramenta fundamental para axudar as minorías étnicas a saír da pobreza e acceder ao desenvolvemento económico. Esta é a principal conclusión presentada pola experta en cuestións de minorías das Nacións Unidas, Gay McDougall, despois de efectuar unha misión en Vietnam.

Fonte: Nationalia

Acusan a Facebook e Twitter de prexudicar o idioma tailandés

Segundo o Ministerio de Cultura, Facebook e Twitter están a deteriorar a habilidade da linguaxe entre os estudantes tailandeses, e as autoridades queren que retomen a tradición de escribir cartas.

Fonte: Terra

Destinarán un millón de euros ao desenvolvemento da lingua buriata

O Goberno da república siberiana de Buriatia aprobou un programa polo cal destinarán 39 millóns de rublos (un millón de euros) para a conservación e desenvolvemento do buriato, lingua falada por cerca de medio millón de persoas.

Fonte: ABC

Perigan as linguas indíxenas no Estado de México

Na entidade existen 312.319 persoas que falan diferentes linguas como mazahua, otomí, matlatzincas, tlahuica e nahua.

Fonte: El Universal

Un cumio en Luanda vai aprobar un plan de promoción da lingua portuguesa

Este plan prevé a introdución do portugués como lingua de documentación das Nacións Unidas, a publicación en portugués de documentos da Asemblea Xeral e do Consello de Seguridade, a creación dun grupo de tradutores especializados na ONU e o desenvolvemento do Portal da Lingua Portuguesa da CPLP (Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa) e CPLP-TV.

Fonte: Público

Portugal e Brasil queren crear unha canle de televisión en lingua portuguesa

A creación dunha canle de televisión lusófona para a difusión internacional de produtos audiovisuais en lingua portuguesa é un dos obxectivos dos gobernos portugués e brasileiro.

Fonte: Económico

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder