Mundo

A lingua tuahka, falada en Nicaragua, resístese a morrer

Mestras indíxenas loitan por manter a súa lingua, ensinándoa aos estudantes de forma oral e preparando materiais, pero resulta insuficiente.

Fonte: El Nuevo Diario

Celébranse manifestacións en Guangzhou (China) para pedir a conservación do cantonés

Centos de persoas, na súa maioría xente nova, reuníronse na cidade de Guangzhou, no sur de China, para pedirlles ás autoridades maiores esforzos na conservación do seu dialecto local, o cantonés.

Fonte: Centro de Información por Internet de China

Unha investigadora alemá inspirarase en programas do éuscaro para o sami

Unha investigadora alemá inspirarase nos programas informáticos que realiza a Universidade do País Vasco para facilitar a análise sintáctica e a tradución automática do éuscaro para desenvolvelos na lingua sami, que se fala no norte de Noruega, Suecia e Finlandia, e parte do de Rusia.

Fonte: ABC

As persoas bilingües teñen unha maior actividade cerebral

Segundo un estudio, aprender varios idiomas supón un enriquecemento da actividade cerebral. Os investigadores do Departamento de Ciencia Cognitiva da Universidade de California de San Diego centraron este estudio en persoas cuxo idioma dominante é o español pero que utilizan o inglés para outras actividades.

Fonte: EPA

Google pídelle ao Goberno vasco colaborar para mellorar o tradutor de éuscaro

O buscador xa conta co tradutor á lingua vasca desenvolvido, pero aínda está moi verde. Por iso, representantes da empresa pedíronlle ao Goberno vasco axuda á hora de indexar máis textos de éuscaro e castelán, para que o programa poida aprender o idioma.

Fonte: Noticias de Navarra

Comenza en Montevideo o Festival Eñe que celebra a lingua castelá

Máis dun centenar de escritores, músicos, cineastas e dramaturgos daranse cita en Montevideo no Festival Eñe que celebrará a lingua castelá e promete converterse no acontecemento literario do ano en Uruguai.

Fonte: Ansalatina

Os falantes de chontal xa contan co Código Civil na súa propia lingua

O Código Civil traducido ao chontal é de grande importancia para os falantes desta lingua, sobre todo para saber e coñecer os seus dereitos.

Fonte: Tabasco Hoy

Actualizarán o catálogo de linguas indíxenas de México

O novo director xeral do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), Javier López Sánchez, comprometeuse a actualizar o Catálogo das Linguas Indíxenas Nacionais, así como a promover o proceso de planificación lingüística de México.

Fonte: El Universal

Os profesores de portugués nos Estados Unidos e Canadá queren máis apoio do goberno

O presidente da Asociación de Profesores de Portugués dos Estados Unidos e Canadá, Diniz Borges, defendeu en Angra do Heroísmo, nos Azores, a necesidade de máis apoio do goberno luso ao portugués para mellorar o ensino da lingua naqueles dous países.

Fonte: Notícias Lusófonas

As linguas indíxenas de Taiwán están a desaparecer

As linguas da poboación indíxena de Taiwán teñen máis de 6000 anos de antigüidade. Pero coas políticas gobernamentais que promoven o uso do mandarín, estas linguas e dialectos tribais perden progresivamente o seu lugar na vida cotiá das persoas e constitúen agora un dos tesouros culturais en perigo de Taiwán.

Fonte: Focus Taiwan

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder