Mundo
Os defensores do galés pídenlle ao Goberno que reforce as medidas en favor da lingua
Os activistas a favor da lingua galesa demandaron cambios importantes antes de que se promulgue unha nova lei da lingua galesa nunha protesta no National Eisteddfod, un festival de música e poesía en galés. Os membros da Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) pedíronlles aos políticos que se "rebelen" contra os plans da nova lei da lingua galesa.
Fonte: Daily Post
Asinan un convenio para consolidar o ensino bilingüe na Amazonia ecuatoriana
Os gobernos de Ecuador e Finlandia, a Unicef e a Universidade de Cuenca subscribiron un convenio para consolidar a educación intercultural bilingüe de pobos e nacionalidades da Amazonia ecuatoriana.
Fonte: Prensa Latina
O Goberno de Canadá anuncia o seu apoio ás linguas oficiais de Nova Escocia
Durante unha viaxe ás provincias atlánticas, o ministro de Patrimonio Cultural e Linguas Oficiais de Canadá, xunto co ministro de Asuntos Acadios de Nova Escocia, anunciaron a sinatura de convenios sobre as linguas oficiais co Goberno de Nova Escocia e a comunidade acadia e francófona da provincia.
Fonte: Marketwire
Ucraína prohibe o ruso nos xuízos
Todos os xuízos de Ucraína deberán celebrarse exclusivamente en ucraíno, incluso se os participantes falan outras linguas, incluído o ruso, afirmou o subdirector de Persoal da Administración presidencial de Ucraína, Andrei Portnov.
Fonte: The Moscow Times
O ex-primeiro ministro de Malaisia apoia o ensino do inglés no país
O ex-primeiro ministro de Malaisia, Mahathir Mohamad, apoiou completamente que se continúe ensinando a lingua inglesa en Malaisia, xa que, afirma, isto "non nos fai menos patrióticos".
Fonte: Sify
Eslovaquia recibe recomendacións do Consello de Europa sobre as súas linguas minoritarias
Eslovaquia recibiu varias recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa relativas á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: The Slovak Spectator
Seúl contratará a máis amas de casa estranxeiras como intérpretes
O Goberno revisará a normativa para permitir que máis mulleres inmigrantes traballen como tradutoras e intérpretes nas axencias estatais e en empresas privadas, nun intento de aproveitar mellor o seu talento bilingüe, segundo afirmou o Ministerio de Igualdade de Xénero e Familia.
Fonte: BusinessGhana
Policías, médicos e axentes de aduanas de Ucraína aprenderán as principais linguas europeas de cara á Eurocopa 2012
Os policías, médicos e axentes de aduana de Ucraína que participen nas finais do Campionato Europeo de Fútbol Eurocopa 2012 realizarán cursos especiais das principais linguas europeas, segundo afirmou o Viceprimeiro Ministro para a Eurocopa 2012 Borys Kolesnikov.
Fonte: KyivPost
O hindi podería converterse pronto en lingua oficial da ONU
O hindi podería converterse pronto nunha das linguas oficiais das Nacións Unidas. A India está facendo esforzos para situar a lingua nacional no nivel que lle corresponde, segundo afirmou no Parlamento o ministro de Asuntos Exteriores, S.M. Krishna.
Fonte: DNA India
O Parlamento de Paraguai debate un proxecto para declarar o guaraní lingua oficial
Tras unha longa historia de postergación e unha polémica non exenta de idas e vidas, debátese no Parlamento de Paraguai o proxecto de Lei de linguas, co fin de que se declare lingua oficial o guaraní, en igualdade de condicións co castelán.
Fonte: Terra
Boletín
Subscríbase ao boletín