Mundo
Algunhas familias loitan por conservar linguas asiáticas en colexios do Reino Unido
Algunhas familias asiáticas loitan por reter a súa lingua materna cando os seus fillos e netos acoden a escolas de fala inglesa. Pero as escolas complementarias que lles aprenden aos nenos as linguas dos seus devanceiros poderían equilibrar a balanza.
Fonte: BBC
Alemaña reforza os cursos de alemán para inmigrantes
O Goberno alemán presentou un programa de integración dos inmigrantes na sociedade que inclúe máis horas lectivas de cursos de alemán e profesores con maior experiencia previa no ensino a estranxeiros.
Fonte: El Periódico
Máis dunha cuarta parte dos intérpretes estadounidenses en Afganistán non sabe falar linguas afgás
Máis dunha cuarta parte dos tradutores que traballan xunto cos soldados americanos en Afganistán suspendeu os exames de competencia lingüística, pero enviáronos igualmente ao campo de batalla.
Fonte: The Huffington Post
O Tribunal da UE desestima un recurso do Goberno de España en defensa do español
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) desestimou un recurso presentado polo Goberno de España para defender o uso do español nas institucións comunitarias ao mesmo nivel que o inglés, o francés ou o alemán.
Fonte: El Mundo
O idioma máis falado no sur de Mozambique, o xichangana, terá un dicionario
O próximo ano publicarase o primeiro dicionario do idioma xichangana, o máis falado no sur de Mozambique, tamén presente en África do Sur e en Zimbabwe. Catro investigadores do Centro de Estudos Africanos da Universidade Eduardo Mondlane traballan no proxecto, que é o primeiro destas características no país.
Fonte: Vermelho
A comisaria europea de Educación aplaude o Decreto do plurilingüismo e amósase satisfeita pola política lingüística de Galicia
A comisaria europea de Educación, Cultura, Plurilingüismo e Xuventude, Androulla Vassiliou, amosouse “plenamente satisfeita” pola política lingüística que está a desenvolver a Xunta de Galicia. Así llelo trasladou ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, durante a reunión que mantiveron en Bruxelas.
Fonte: Xunta de Galicia
Só o 7 % dos ucraínos lle dá importancia á situación do ruso no país
Tan só o 7 % dos ucraínos coloca a situación do ruso na lista dos 25 problemas principais que máis lle afectan, segundo as enquisas realizadas en 2008 e 2009. O autor destas, o experto en política Oleh Medvedev, afirma que as enquisas están baseadas en investigacións sociolóxicas e en estatísticas de entidades e institucións públicas, ONG e sindicatos, así como nas valoracións de expertos.
Fonte: ZIK
Xeorxia impón clases de inglés para todos os nenos co fin de abandonar a influencia rusa
Xeorxia introduciu clases de inglés obrigatorias nas súas escolas nun intento do seu Goberno pro-occidental por desvincular o país da esfera xeopolítica da veciña Rusia.
Fonte: Telegraph
As autoridades educativas de Bolivia alertan sobre a extinción de linguas nativas
As autoridades educativas de Bolivia alertaron sobre o perigo de extinción de linguas nativas e adiantaron que o tema formará parte do contido de futuros programas de ensino.
Fonte: Prensa Latina
Os diplomáticos estranxeiros realizan un curso para aprender chinés
Un total de 56 diplomáticos de 26 embaixadas estranxeiras en China inscribiuse para participar nun programa de aprendizaxe da lingua chinesa, de dez semanas de duración, que se realizará na sede do Instituto Confucio/Hanban.
Fonte: Xinhua
Boletín
Subscríbase ao boletín