Mundo

Unha lingua turca deberá utilizarse oficialmente na ONU

A ONU debe recoñecer unha das linguas dos países de fala turca como a súa lingua oficial. A poboación total dos países de fala turca xa superou a cifra de 300 millóns de persoas, o que é motivo para que se recoñeza unha das linguas turcas como idioma oficial da ONU.

Fonte: News.Az

A Comisión Europea organiza as actividades do Día Europeo das Linguas

A Comisión Europea organiza un conxunto de actividades con motivo do 26 de setembro, o Día Europeo das Linguas, que se celebra todos os anos. Nesta ocasión o tema central tratará as linguas para a empresa.

Fonte: Europa

Un experto advirte de que a lingua maorí podería desaparecer

Un experto na lingua maorí afirma que o futuro desta lingua está en perigo, pois a súa investigación mostra que podería desaparecer en 50 anos. Rangi Matamua di que menos neozelandeses falan maorí con fluidez e que a lingua precisa urxentemente de axuda para salvarse.

Fonte: TVNZ

Taiwán ofrece un programa de aprendizaxe en liña para a lingua chinesa

Taiwán ofrece a súa versión oficial dun programa de aprendizaxe en liña para os caracteres tradicionais chineses e unha versión en inglés para as persoas que non teñan o chinés como lingua materna.

Fonte: Focus Taiwan

A oposición ucraína pídelle ao Parlamento que rexeite o proxecto de lei de linguas

A oposición ucraína pídelle ao Parlamento que non considere un controvertido proxecto de lei de linguas que levantaría as restricións sobre o uso do ruso e outras linguas no país plurilingüe.

Fonte: RIA Novosti

Imprimen libros de texto en armenio para as escolas armenias de Turquía

O Ministerio turco de Educación, que levaba anos distribuíndolles libros de texto gratuitamente aos alumnos, por vez primeira repartiu de balde libros de texto aos estudantes armenios, unha vez traducidos á súa lingua propia.

Fonte: News.Az

Unha carta de hai 400 anos descobre en Perú unha lingua perdida

Unha carta de hai 400 anos atopada nas ruínas dunha antiga igrexa colonial española en 2008 descubriu un idioma de Perú descoñecido.

Fonte: News Track India

A revista National Geographic estreará unha versión en árabe

A revista National Geographic únese a un pequeno grupo de medios de comunicación occidentais que creou unha versión en árabe para aproveitar o crecente mercado de Oriente Medio nos últimos anos.

Fonte: The Jerusalem Post

A lingua inglesa será obrigatoria para os alumnos eslovacos

O Parlamento eslovaco aprobou o pasado mércores 22 de setembro un novo proxecto de lei de educación que determina que un dos idiomas estranxeiros obrigatorios que se deben ensinar nas escolas de educación primaria de Eslovaquia é o inglés.

Fonte: The Slovak Spectator

Andorra inicia a sétima temporada do voluntariado pola lingua catalá

O Servizo de Política Lingüística do Goberno de Andorra inicia a sétima temporada de Voluntarios pola Lingua, un proxecto que une a persoas que aprenden e ensinan a lingua catalá segundo a súa dispoñibilidade horaria e a parroquia en que viven.

Fonte: Govern d'Andorra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder