Mundo

Os avogados de Canadá opóñense a un proxecto de lei que esixe que todos os xuíces do Tribunal Supremo sexan bilingües

A organización que representa os avogados de Canadá votou a súa oposición ao proxecto de lei federal que esixe que todos os xuíces do Tribunal Supremo de Canadá sexan bilingües.

Fonte: The Gazette

Brasil crea un servizo telefónico para resolver dúbidas de lingua portuguesa

Brasil creou un servizo gratuíto para resolver dúbidas de lingua portuguesa por teléfono, o Plantão Gramatical de Língua Portuguesa, tamén chamado Telegramática. O obxectivo do servizo, segundo as autoridades, é enriquecer a aprendizaxe da lingua portuguesa.

Fonte: Público

A lingua de signos americana chega aos teléfonos móbiles da man do proxecto MobileASL

Enxeñeiros da Universidade de Washington presentaron o proxecto MobileASL, que ten como obxectivo facilitarlles o uso dos teléfonos móbiles ás persoas xordas ou con problemas auditivos.

Fonte: Gadget Reviews

O ministro de Educación de Sri Lanka quere que se ensine chinés nas escolas

O Ministerio de Educación está a piques de poñer en marcha un programa para ensinar a lingua chinesa no nivel escolar en Sri Lanka, segundo afirmou o ministro de Educación, Bandula Gunewardana. É fundamental ensinarlles o chinés aos estudantes de Sri Lanka, porque será unha das linguas do futuro, salientou.

Fonte: LankaNewspapers

O Ministerio de Xustiza de Estados Unidos envía unha carta aos tribunais estatais para obrigalos a reducir a barreira idiomática

O Ministerio de Xustiza envioulles unha carta aos presidentes e administradores dos tribunais estatais para aclararlles a obriga que teñen os que reciben axuda financeira do Goberno federal de proporcionar servizos lingüísticos de interpretación, tradución e outros ás persoas cun coñecemento limitado de inglés.

Fonte: Media Newswire

O Goberno indio destina fondos para a protección das linguas tradicionais das minorías

O Goberno indio afirmou que está destinando fondos a protexer as linguas tradicionais das minorías. O ministro de Asuntos das Minorías informou de que o Instituto Central das Linguas Indias, Mysore, conta con varios programas para a recollida de datos, a descrición, a documentación e a produción de materiais nalgunhas destas linguas.

Fonte: Web Newswire

Traducen ao náhuatl 32 documentos oficiais do Goberno do Distrito Federal de México

A Secretaría de Desenvolvemento Rural e Equidade para as Comunidades (Sederec) traduciu 32 documentos oficiais, entre programas, leis e folletos, ao náhuatl, como parte das accións para preservar a lingua e facilitarlles aos falantes o acceso á información pública.

Fonte: El Universal

Canadá presenta un novo exame de lingua inglesa para os inmigrantes que vaian residir no país

Os inmigrantes que queiran vivir en Canadá terán que pasar agora un novo exame de lingua inglesa para comprobar que as súas competencias lingüísticas son suficientes. O ministro de Cidadanía e Inmigración, Jason Kenney, afirmou que se lles denegará a entrada en Canadá ás persoas que soliciten un visado e non realicen o exame.

Fonte: Global Visas

Ao redor de 40 millóns de persoas aprenden mandarín en todo o mundo

Aproximadamente 40 millóns de persoas aprenden mandarín fóra de China, segundo afirmou o director dunha organización que promove a lingua e a cultura chinesas.

Fonte: China Daily

Unha enquisa realizada en Nova Zelandia revela que a xente nova apoia o ensino obrigatorio do maorí

Unha enquisa realizada en Nova Zelandia revelou que a xente nova amosa un apoio firme ao ensino obrigatorio do maorí. Máis dun terzo dos enquisados que apoia as clases obrigatorias desta lingua tiña menos de 35 anos.

Fonte: Australia Network News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder