Mundo
Google está traballando con Wikipedia para traducir algunhas linguas da India, Oriente Medio e África
Para contribuír a que a Wikipedia sexa útil para os falantes de linguas con menor presenza nela, Google está traballando con voluntarios, tradutores e wikipedistas na India, Oriente Medio e África para traducir máis de 16 millóns de palabras para a Wikipedia ao árabe, guxaratí, hindi, kannada, suahili, támil e telugu.
Fonte: Google Translate
Chile fai un chamamento para recuperar as linguas indíxenas
A recuperación e o desenvolvemento das linguas dos pobos aborixes de Chile sería beneficioso para o país, xa que xeraría un 'renacemento cultural', afirmou a docente universitaria Elisa Lóncon Antileo.
Fonte: Informador
O español gaña presenza en internet pero segue lonxe do inglés
A lingua española é a terceira con máis presenza en internet e unha das que goza de maior crecemento, se ben segue lonxe do mandarín e, sobre todo, do inglés, que copa as páxinas web con máis visitas do mundo.
Fonte: Cibersur
Denuncian que a falta de intérpretes en México converte os indíxenas en obxectivo fácil de inxustizas
Fernando Nava López, director nacional do Instituto das Linguas Indíxenas, expuso que México carece de intérpretes e tradutores de linguas indíxenas, o cal deixa a este sector débil e obxectivo fácil de inxustizas, principalmente en casos legais.
Loitan por salvar a lingua crioula de Palenque (Colombia)
Para axudar a preservar esta cultura e esta lingua chegaron a Palenque expertos de Linguamón (Casa das Linguas de Cataluña) co fin de expoñer a súa experiencia na conservación do catalán.
Fonte: Impre.com
A Eurocámara asegura que España non traduciu a normativa comunitaria ás linguas cooficiais
O Goberno español non cumpriu o seu compromiso de traducir a lexislación comunitaria ás linguas cooficiais pese a que así estaba previsto nos acordos asinados con diversas institucións comunitarias para fomentar o uso do catalán, o éuscaro e o galego na UE.
Fonte: Europa Press
O presidente de Guinea Ecuatorial declara o portugués terceira lingua oficial do país
O presidente de Guinea Ecuatorial, Teodoro Obiang, promulgou o decreto polo que se recoñece o portugués como terceira lingua oficial do país, como foi aprobado pola Asemblea unicameral o pasado mes de abril.
Fonte: ABC
Corenta millóns de persoas estudan chinés en todo o mundo
Uns 40 millóns de persoas estudan chinés no mundo, segundo datos do principal órgano oficial chinés de ensino desta lingua no estranxeiro difundidos pola axencia oficial de noticias Xinhua.
Fonte: ABC
O presidente da República de Portugal quere que o portugués sexa lingua oficial da ONU
O presidente da República, Cavaco Silva, desafiou os países que falan portugués a incentivar a loita para que gañe o estatuto de lingua oficial das Nacións Unidas, xa que considera que non se poden desperdiciar as súas "enormes potencialidades".
Fonte: Diário de Notícias
Un pequeno municipio de Illinois declara o inglés o seu idioma oficial
Un pequeno municipio do estado de Illinois declarou o inglés o seu idioma oficial nun xesto simbólico de apoio á lei migratoria de Arizona.
Fonte: El Nuevo Herald
Boletín
Subscríbase ao boletín