Mundo

O portal ruso Yandex incorpora buscas en lingua tártara

Os usuarios de Yandex, o principal buscador por internet de Rusia, poderán a partir de agora realizar as súas consultas tamén en lingua tártara, anunciou a compañía nun comunicado.

Fonte: ABC

O Goberno mexicano e UNICEF difundirán os dereitos dos nenos en linguas indíxenas

O Goberno federal e o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) traballarán para difundir en linguas indíxenas os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes relacionados coa saúde e a educación.

Fonte: SDP Noticias

Bruxelas exclúe o español do réxime lingüístico da patente europea

A Comisión Europea propuxo un réxime lingüístico común que simplifique o sistema de patentes na UE e facilite a tradución ás linguas comunitarias, pero que incluirá unicamente as tres linguas de traballo da UE -inglés, francés e alemán-, pese a que inicialmente o comisario de Mercado Interior, Michel Barnier, barallou a posibilidade de contar tamén co español.

Fonte: Finanzas

O Instituto Camões e o King's College de Londres crean un Centro de Estudos en Lingua e Cultura Portuguesas

O Instituto Camões e o King's College of London (KCL), unha das principais universidades británicas, asinaron un protocolo de cooperación para a creación dun Centro de Estudos en Lingua e Cultura Portuguesas (CELCP).

Fonte: Sapo

Publican en Venezuela o primeiro dicionario yanomami-español

Lingüistas e antropólogos publicaron en Venezuela o primeiro dicionario bilingüe yanomami-español, con informacións complementarias sobre botánica e diversas ramas da zooloxía no idioma desa comunidade indíxena.

Fonte: Prensa Latina

Desenvolven un programa informático que axuda a descifrar linguas extintas

Científicos do Laboratorio de Informática e Intelixencia Artificial do MIT e da Universidade do Sur de California desenvolveron un programa que axudará a descifrar linguas hoxe extintas, e podería así mesmo axudar na tradución automática de linguas vivas.

Fonte: La Información

Volve a campaña Fala Mandarín para promover a lingua a través da cultura

A campaña Fala Mandarín volve pola 31.ª vez, centrada outra vez en promover a lingua a través da cultura. Isto inclúe o retorno do seu conxunto de anuncios publicitarios na televisión que mostran a nenos de distintas razas falando mandarín para poñer de relevo o amplo alcance desta lingua.

Fonte: Channel New Asia

Os alumnos surafricanos poderán aprender na súa primeira lingua

Os estudantes surafricanos poderán aprender na súa primeira lingua durante os primeiros anos de escola segundo un novo plan do Goberno. Esta medida foi ben acollida no país.

Fonte: CBSNews

Máis de 4.000 nenos recibirán clases de lingua mapuche na rexión chilena de Bío-Bío

Nunha iniciativa que forma parte dun convenio asinado polo Ministerio de Educación, en 40 centros da rexión de Bío-Bío impartiranse clases de mapuche, o que beneficiará a máis de 4.000 nenos.

Fonte: Bío Bío

Preséntase no Parlamento Europeo o dominio .cat como exemplo para outras comunidades lingüísticas

O grupo de traballo Dominios Europeos Culturais e Lingüísticos presentou na sede de Bruxelas do Parlamento Europeo o dominio .cat como un exemplo para outras comunidades culturais e lingüísticas como a bretoa (.bzh), a galesa (.cym), a vasca (.eus), a galega (.gal) e a escocesa (.scot).

Fonte: Directe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder