Mundo

O Goberno federal toma medidas para salvar as linguas indíxenas de Nixeria en perigo de extinción

O Goberno federal atópase nunha situación desesperada para salvar da posible extinción máis de 500 linguas indíxenas faladas en distintos lugares de Nixeria. O predominio da cultura occidental na vida cotiá do nixeriano medio está a afectar a competencia oral dos usuarios de linguas maternas.

Fonte: Sunday Tribune

Israel promoverá que os nenos xudeus aprendan árabe

O Ministerio de Educación de Israel está tomando medidas para promover que os nenos xudeus aprendan o árabe, nun intento de mellorar as comunicacións cos árabes israelís, segundo informou o Goberno.

Fonte: The Earth Times

Aumenta o ensino do ruso nas escolas de Finlandia Oriental

A lingua rusa constitúe unha parte fundamental do programa da Escola Fino-Rusa de Finlandia Oriental, situada en tres lugares: Imatra, Joensuu e Lappeenranta. O ruso estúdase durante catro horas á semana xa no primeiro ano.

Fonte: Helsingin Sanomat

Xapón eliminará as barreiras lingüísticas nos exames para enfermeira

Xapón proporcionará traducións ao inglés no exame profesional para ser enfermeira co fin de suprimir un obstáculo lingüístico para as persoas estranxeiras, dado que case todas suspenderon o exame este ano.

Fonte: MySinchew

Un experto afirma que en 2045 o español será o idioma máis falado do mundo

Antes de mediados de século, a lingua española será a de maior número de falantes no planeta. Non obstante, advirten de que hai varios aspectos que deben ser mellorados no seu ensino.

Fonte: Contexto

Os informativos de Paraguai estarán obrigados a utilizar a lingua de signos

Paraguai aproba un proxecto de lei que establece a obrigatoriedade da lingua de signos nos informativos dos medios de comunicación audiovisuais co obxectivo de asegurar o acceso das persoas con discapacidade auditiva, en igualdade de condicións, ás informacións de interese social, económico, político e cultural do país.

Fonte: La Nación

O ensino do portugués en América do Norte cumpre 100 anos

O ensino oficial do portugués en América do Norte cumpre 100 anos en 2010, efeméride celebrada en Fall River, estado norteamericano de Massachusetts, por un congreso e actividades culturais e relixiosas.

Fonte: Açoriano Oriental

O suahili é agora lingua oficial de Kenya

O suahili é agora unha lingua oficial de Kenya, o que significa que as persoas poden esixir que as atendan nesa lingua en calquera oficina. Coa promulgación da nova Constitución, o suahili é unha das dúas linguas oficiais de Kenya.

Fonte: The Standard

Unha enquisa mostra que o 57 % dos xaponeses está en contra de que o inglés sexa o idioma oficial do traballo

A enquisa realizada en liña mostra que o 57 % das persoas maiores de 20 anos non cre que usar o inglés como lingua oficial do traballo sexa unha boa idea, mentres que o 43 % manifestou o seu apoio a esta iniciativa.

Fonte: The Mainichi Daily News

Portugal lanza unha campaña para promover a lingua portuguesa en Bélxica

O conselleiro das Comunidades Portuguesas, Pedro Rupio, anunciou que vai comezar unha campaña de promoción do ensino do portugués en Bélxica, co obxectivo de inverter a tendencia anual de diminución do número de alumnos.

Fonte: Observatório do Algarve

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder