Mundo
O primeiro banco de datos do español falado estará en internet en 2011

O primeiro gran banco de datos do español falado estará en internet en 2011, 15 anos despois do nacemento dun proxecto único de cooperación internacional no campo da lingüística, no que participaron 17 países de ambos os lados do Atlántico.
Os letóns sitúanse á cabeza da Unión Europea no coñecemento dunha lingua estranxeira
Unha nova enquisa de Eurostat, a oficina de estatística da Unión Europea, sobre as competencias lingüísticas autopercibidas de adultos baseadas en resultados do ano 2007 mostra diferenzas significativas no coñecemento de linguas estranxeiras. En canto á porcentaxe de persoas que considera que ten un dominio dun idioma estranxeiro, Letonia sitúase á cabeza cun 55 %, seguida de Eslovenia (45 %), Eslovaquia (44 %) e Lituania (41,6 %).
Fonte: BBN
Os alumnos e os profesores xa se poden rexistrar na Ciberescola da Lingua Portuguesa
Os alumnos e os profesores xa se poden rexistrar na Ciberescola da Lingua Portuguesa, unha plataforma interactiva para "avaliar" gramática, expresión escrita ou vocabulario que a finais de ano contará con 1400 exercicios.
Fonte: RTP
A primeira ministra de Bangladesh quere que o bengalí sexa lingua oficial da ONU
A primeira ministra de Bangladesh, Sheikh Hasina, quere que o bengalí sexa lingua oficial da ONU co fin de reflectir o gran número de falantes que ten (cerca de 300 millóns), así como su patrimonio literario e histórico.
Fonte: Sify
Un ministro flamengo quere que o inglés sexa a 'lingua común' de Europa
Un político flamengo avivou as chamas do acalorado debate lingüístico na Unión Europea e indignou a comunidade francófona do seu país ao pedir que o inglés sexa a "lingua común" de Europa.
Fonte: Telegraph
O eslovaco é a lingua estranxeira máis estendida entre os checos
O 26,5 % dos checos opina que teñen un bo ou excelente coñecemento do eslovaco, mentres que o mesmo dixo do inglés o 16,1 % das persoas ás que a axencia Median lles realizou unha enquisa.
Fonte: Prague Daily Monitor
Canadá axuda aos inmigrantes cunha web en 11 linguas
Unha nova web en 11 linguas diferentes facilítalles aos inmigrantes de Canadá atopar información sobre servizos comunitarios.
Fonte: Workpermit
Diferentes celebracións en todo o mundo conmemoran o Día Internacional da Tradución 2010
Tradutores e tradutoras de todo o mundo celebran, o 30 de setembro, o Día Internacional da Tradución, unha xornada que pretende concienciar a cidadanía sobre a profesión de tradutor e facer que sexa máis visible. O lema deste ano, proposto pola Asociación de Tradutores de Rusia, quere incidir na pluralidade e na calidade das traducións.
Fonte: Linguamón
Google incorpora o latín ao seu servizo de tradución automática
Google incorporou o latín ao seu servizo de tradución automática. Trátase do 58.º idioma incluído en Google Translate e da primeira lingua morta do seu repertorio.
Fonte: Reuters
Irán lanzará unha canle de televisión en español
Irán quere chegar a Latinoamérica cunha canle de televisión en español para explicar a "lexitimidade ideolóxica" do sistema islámico.
Fonte: Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín