Mundo

As bolsas darán información nas linguas rexionais da India en abril de 2011

As bolsas facilitarán información financeira en liña en 16 linguas oficiais da India a partir de abril de 2011, o que lles dará aos investidores acceso a información financeira na lingua da súa preferencia.

Fonte: The Economic Times

Profesores de Galicia impartirán clases de lingua e cultura españolas en Bangladesh

Os alumnos da Universidade de Dhaka, en Bangladesh, terán clases de lingua e cultura españolas impartidas por profesores das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña a través da Cátedra Inditex de Español.

Fonte: La Voz de Galicia

Anxo Lorenzo defende en Bruxelas a necesidade de "transmitirlle á cidadanía unha mensaxe favorable ás linguas minoritarias"

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, defendeu en Bruxelas a necesidade de “transmitirlle á sociedade unha mensaxe favorable ás linguas minoritarias que historicamente foron minusvaloradas”.

Fonte: Xunta de Galicia

Poñen en marcha WikiBasha, a nova ferramenta que permite crear contidos multilingües para Wikipedia

A empresa Microsoft Research India puxo en marcha unha nova ferramenta que permite crear contidos en múltiples idiomas para a enciclopedia interactiva Wikipedia. Este novo recurso chámase WikiBasha, nome que fusiona o termo wiki, que se refire a un sitio web que pode ser editado desde o navegador polos usuarios –como por exemplo Wikipedia–, e basha, que significa 'lingua' en hindi e en sánscrito.

Fonte: Linguamón

O vicepresidente catalán invita a impulsar o occitano en todo o seu dominio lingüístico

O vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep-Lluís Carod-Rovira, instou a "dar pasos decididos para o uso normal da lingua occitana en todos os seus ámbitos" en todo o seu dominio lingüístico.

Fonte: Avui

A Fundación Galicia Europa e Política Lingüística valoran vías de colaboración para a proxección exterior do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Galicia Europa están a valorar vías de colaboración entre as dúas entidades en materia de proxección exterior da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística establece as súas liñas de traballo para os próximos meses

A Secretaría Xeral de Política Lingüística participou na reunión celebrada polo comité executivo da Network to Promote Linguistic Diversity (Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística), do que forma parte, para tratar diferentes aspectos do presente e do futuro da entidade.

Fonte: Xunta de Galicia

Google asóciase con lingüistas para documentar idiomas en perigo de extinción

Dous lingüistas do Instituto de Linguas Vivas, K. David Harrison e Gregory Anderson, uníronse a Google para "permitir que linguas pequenas e en perigo de extinción que quizais nunca se escoitaran fóra dunha aldea remota cheguen a todo o mundo".

Fonte: Fast Company

Un xornal surafricano será o primeiro que se imprima na lingua zulú

O editor do semanario surafricano de maior difusión afirma que o xornal nacional pasará a ser o primeiro que se imprima en zulú, a lingua do maior grupo étnico do país.

Fonte: Bloomberg Businessweek

Os votantes de Oklahoma elixen que o inglés sexa a súa lingua oficial

Os votantes de Oklahoma aprobaron de forma contundente a consulta 751, polo que oficialmente se converte no 31.º estado que fai o inglés o idioma oficial.

Fonte: Business Wire

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder