Mundo

Personalidades destacadas da vida de Gales asinan unha carta sobre o status da lingua galesa

Persoas destacadas da vida de Gales asinaron unha carta na que demandan que a lingua galesa teña status oficial nas novas leis da Asemblea.

Fonte: Daily Post

Cada vez máis institutos dinamarqueses ofrecen cursos de lingua chinesa

A lingua chinesa é cada vez máis popular nos institutos de Dinamarca e 13 deles xa ofrecen cursos de lingua chinesa.

Fonte: Xinhuanet

Piden a adopción do alemán como lingua oficial de Alemaña

"A lingua oficial da República de Alemaña é o alemán". Estas son as palabras que á Asociación para a Lingua Alemá (Verein Deutsche Sprache ou VDS) lle gustaría ver incluídas na Constitución de Alemaña.

Fonte: Deutsche Welle

Un total de mil novos profesores de chinés levará o mandarín ás aulas británicas

Mil novos profesores de chinés recibirán formación para traballar nas escolas británicas, segundo anunciaron os ministros durante a misión comercial a Pequín de David Cameron. A iniciativa multiplicará por once o número de profesores cualificados, situado actualmente arredor de 100, e espérase que se obteñan os suficientes docentes para que todos os estudantes que queiran aprender chinés poidan facelo.

Fonte: The Scotsman

A UE exerce presión sobre o Goberno de España para que renuncie ao español na patente comunitaria

Os ministros de Industria da Unión Europea reúnense de forma extraordinaria co obxectivo de exercer presión sobre España e Italia para que renuncien ás súas respectivas linguas na futura patente comunitaria, que só se traducirá ao francés, inglés e alemán.

Fonte: Cinco Días

Os colexios de China volverán introducir o ruso

China está interesada en desenvolver a lingua rusa como materia escolar, segundo afirmou o viceministro de Educación ruso. Ivan Lobanov indicou que China pensa enviar un grupo de directores de escola a Rusia "para intercambiar métodos de ensino da lingua rusa".

Fonte: RIA Novosti

O Goberno de Canadá destina 3,6 millóns de dólares á promoción das linguas oficiais no sistema xudicial canadense

O Goberno de Canadá anunciou un financiamento de 3,6 millóns de dólares para reforzar e promover o uso das dúas linguas oficiais no sistema xudicial.

Fonte: SYS-CON

O portal OneIndia lanza o seu contido móbil en cinco idiomas

Un dos máis destacados portais en lingua india do país, OneIndia.in, acaba de anunciar que lanzará o seu contido móbil en cinco idiomas.

Fonte: MobilePhone

A ONU celebra por primeira vez o Día da Lingua Chinesa

A Organización das Nacións Unidas celebrou o primeiro Día da Lingua Chinesa como parte dunha iniciativa para promover a concienciación e o respecto pola historia, a cultura e os logros de cada unha das seis linguas oficiais do organismo mundial.

Fonte: Xinhuanet

O ensino da lingua portuguesa no estranxeiro custa 35 millóns de euros

Trinta e cinco millóns de euros é o que custa a rede de ensino do portugués no estranxeiro que o Instituto Camões "herdou" do Ministerio de Educación este ano.

Fonte: Diário de Notícias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder