Mundo
Sri Lanka toma medidas para mitigar a escaseza de profesores de inglés
O Ministerio de Educación de Sri Lanka centrouse na escaseza de profesores de inglés nas escolas do país e tomou medidas para implantar un programa especial para formar a máis profesores desta lingua.
Fonte: ColomboPage
O primeiro Encontro de Cátedras e Centros de Estudos Galegos do Brasil incide na conexión cultural e lingüística con Galicia
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou a creación dun programa de difusión lingüística, literaria e cultural que poida ser compartido polos centros de estudos galegos de todo o mundo.
Fonte: Xunta de Galicia
Os bretóns loitan por salvar a súa lingua da extinción
Case dous millóns de persoas falaban bretón a principios do século XX, segundo a Oficina da Lingua Bretoa (Ofis ar Brezhoneg). Esa cifra reduciuse ata as 250.000 de acordo coa Unesco, que cualifica esta lingua como gravemente en perigo.
Fonte: CNN
Quebec lanza unha páxina web para promover o francés nas pequenas empresas
Quebec lanza unha nova estratexia en liña para promover o uso do francés entre os pequenos empresarios. O Goberno afirma que hai que facer máis para protexer e animar as persoas a utilizar o francés como lingua da empresa.
Fonte: CTV
Os Xogos Olímpicos de Londres 2012 serán en francés
Os Xogos Olímpicos de Londres realizaranse oficialmente en francés, co inglés como segunda lingua. Dado que o primeiro idioma do Comité Olímpico Internacional (COI) é o francés, esta lingua ten prioridade na entrega de medallas e en todas as outras cerimonias olímpicas.
Fonte: Business Review Europe
Anxo Lorenzo animou os responsables dos centros de estudos galegos de Brasil a continuar co labor de proxección do idioma
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, animou os responsables das cátedras e centros de estudos galegos (CEG) de Brasil "a continuar co labor que veñen impulsando a prol da proxección exterior da lingua e da literatura galegas".
Fonte: Xunta de Galicia
Unha enquisa revela que máis da metade dos checos non fala ningunha lingua estranxeira
O 54 % dos checos non é capaz de facerse entender en ningunha lingua estranxeira, mentres que o 27 % si coñece un idioma estranxeiro, de acordo cunha enquisa.
Fonte: Prague Daily Monitor
A ministra de Educación de Finlandia quere mellorar o coñecemento do sueco que teñen os finlandeses
A ministra finlandesa de Educación, Henna Virkkunen, afirma que se debe mellorar o nivel de coñecemento da lingua sueca en Finlandia.
Fonte: Helsingin Sanomat
Cada vez máis estudantes aprenden lingua, literatura e cultura galegas nas universidades brasileiras
Cada vez son máis os estudantes que teñen ocasión de aproximarse á lingua, literatura e cultura galegas nas universidades de Brasil, grazas ao labor dos centros de estudos galegos (CEG) que existen actualmente no país.
Fonte: Xunta de Galicia
O presidente de Taiwán afirma que o país debe facer máis para promover o idioma chinés
O presidente de Taiwán, Ma Ying-jeou, afirmou que o seu país debe esforzarse máis para ensinarlles chinés ás persoas estranxeiras. Tamén indicou que Taiwán debe enviar profesores ao estranxeiro e ofrecer bolsas para que persoas de fóra vaian a Taiwán a aprender o idioma.
Fonte: Monsters and Critics
Boletín
Subscríbase ao boletín