Mundo

Ottawa contribuirá a preservar as linguas indíxenas

Con 30 linguas indíxenas ao bordo da extinción, o Goberno federal anunciou plans para multiplicar por catro os fondos destinados a programas na Columbia Británica co fin de revitalizar as linguas que poden salvarse e preservar as que poden desaparecer nos próximos cinco anos.

Fonte: The Globe and Mail

A Universidade de Indiana crea un programa avanzado de suahili

A Universidade de Indiana está creando un novo programa universitario que axudará aos estudantes a adquirir o dominio do suahili. Trátase do segundo programa avanzado de linguas da universidade.

Fonte: Chicago Tribune

China prohibe o uso de palabras estranxeiras nos medios de comunicación

As autoridades chinesas prohibiron que os xornais, os editores e os propietarios de páxinas web utilicen palabras estranxeiras, en especial as do inglés. Isto tamén afecta ás advertencias existentes para a radio e a televisión.

Fonte: EMG

Un plan podería triplicar o número de falantes habituais de irlandés

O número de falantes habituais de irlandés podería aumentar de 83.000 a 250.000 cun enfoque unificado grazas á estratexia do Goberno para a lingua irlandesa para os próximos 20 anos.

Fonte: Irish Times

Armenia aproba un polémico proxecto de lei sobre as escolas en linguas estranxeiras

A Asemblea Nacional de Armenia aprobou un polémico proxecto de lei do Goberno que permite a existencia dun número limitado de escolas en linguas estranxeiras no país.

Fonte: RFERL

O inglés duplicou o seu número de palabras no último século

Investigadores da Universidade de Harvard e Google descubriron que o inglés está aumentando a un ritmo de 8500 palabras por ano no novo milenio e que agora se sitúa en 1.022.000 palabras.

Fonte: Telegraph

China celebra a decisión da India de introducir o chinés como idioma estranxeiro

O primeiro ministro de China, Wen Jiabao, celebrou a decisión do Consello Central de Educación Secundaria da India de introducir o chinés como idioma estranxeiro no currículo das escolas do país a partir do vindeiro curso académico.

Fonte: Sify

Apple introduce a lingua cheroqui nos seus produtos

Apple só está dispoñible en 50 idiomas dun total de milleiros, pero iso non impediu que a nación cheroqui pedise que a súa lingua estivese presente na última versión do seu sistema operativo. Apple decidiu atender a súa demanda e agora espérase que os mozos poidan utilizar o iPhone para axudar a manter viva esta lingua.

Fonte: Tucson Citizen

Unha nova aplicación para iPhone traduce palabras en tempo real utilizando a tecnoloxía de realidade aumentada

Os sistemas de tradución simultánea deron un paso máis cunha nova aplicación, deseñada para iPhone, que utiliza a tecnoloxía de realidade aumentada. A nova utilidade chámase Word Lens e permite traducir palabras en tempo real a través da cámara do teléfono.

Fonte: Linguamón

Un decreto crea o Inventario Nacional da Diversidade Lingüística brasileira

O decreto que crea o Inventario Nacional da Diversidade Lingüística foi publicado no Diario Oficial da Unión. O inventario ten como obxectivo identificar e documentar os idiomas dos diferentes grupos que forman a sociedade brasileira.

Fonte: Jornal da Ciência

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder