Mundo
O coreano sitúase entre as dez linguas máis utilizadas en internet
Existen 39,4 millóns de usuarios en internet que falan coreano, o que representa un 2 % do total do mundo. O coreano sitúase como a décima lingua máis empregada en internet, segundo os datos publicados por Internet World Stats en xuño de 2010.
Fonte: The Korea Herald
O Goberno de Panamá recoñece oficialmente sete linguas indíxenas
Sete linguas indíxenas foron recoñecidas legal e oficialmente polo Estado panameño, segundo publica o Boletín Oficial. Esta nova norma estableceuse nunha lei que recoñece a "diversidade cultural como un valor histórico e patrimonio da humanidade".
Fonte: Radio Nacional de Venezuela
O Tíbet garantirá a educación infantil gratuíta e bilingüe en 2015
As autoridades educativas da rexión autónoma do Tíbet, no suroeste de China, afirmaron que todos os nenos das zonas agrícolas e de pastoreo do Tíbet recibirán polo menos dous anos de educación infantil gratuíta tanto na lingua tibetana como en chinés mandarín en 2015.
Fonte: Xinhuanet
Os cursos de lingua axudan a manter vivo o gaélico manx
Un curso gratuíto con clases de gaélico manx desenvolverase no Aninovo como parte dun esforzo continuado para ensinarlle á xente o patrimonio da illa. As clases, organizadas pola Fundación Patrimonio Manx, centraranse na comunicación oral en gaélico.
Fonte: BBC
Os cursos de árabe, coreano e chinés son os que máis aumentan nas universidades de Estados Unidos
Os estudantes matriculados nas clases de árabe, coreano e chinés amosan o rápido incremento destes idiomas entre os cursos de linguas estranxeiras nas universidades de Estados Unidos, aínda que o español continúa sendo a lingua máis estudada cunha ampla marxe, segundo indica un estudo.
Fonte: Los Angeles Times
O Goberno de Sri Lanka fomenta unha política trilingüe entre a xente nova
O ministro de Linguas Nacionais e Integración Social, Vasudeva Nanayakkara, afirmou que debe promoverse unha política trilingüe entre a xente nova para garantir a unidade entre comunidades.
Fonte: Daily Mirror
Vinte linguas británicas están en perigo de extinguirse nunha xeración
Vinte linguas faladas no Reino Unido, incluíndo a lingua de signos Old Kentish, desapareceron ou están en perigo de extinción nunha xeración, segundo profesores de universidade que están intentando deter a súa desaparición.
Fonte: Telegraph
Piden que se recoñeza oficialmente a lingua de signos na India
Persoas con diversas discapacidades celebraron o Día Mundial da Discapacidade, e as que teñen problemas auditivos pediron o recoñecemento legal da lingua de signos na India.
Fonte: Hindustan Times
Os membros da Asemblea de Gales votan a favor dunha medida da lingua galesa
O ministro de Patrimonio, Alun Ffred Jones, describiuno "como un día histórico para a lingua galesa", pois o Goberno da Asemblea aprobou o seu primeiro texto lexislativo sobre o idioma galés.
Fonte: BBC
Un total de 40 millóns de persoas de todo o mundo está a aprender chinés
Máis de 40 millóns de persoas de todo o mundo están a aprender chinés, segundo afirmou un alto funcionario da sede do Instituto Confucio na organización do quinto congreso anual en Pequín.
Fonte: Xinhuanet
Boletín
Subscríbase ao boletín