Mundo
Un estudo afirma que o inglés perde peso en internet, mentres que o do español aumenta
Aínda que o inglés segue sendo a primeira lingua de comunicación internacional en internet, perdeu peso nos últimos 10 anos: de ter un dominio do 74 % pasou a posuír o 45. Mentres tanto, o castelán, que é a terceira, pasou do 3 ao 4 %.
Fonte: El País
Amazon.com lanza unha versión da súa web en italiano
A empresa de venda en liña Amazon.com indicou que lanzou www.amazon.it, unha versión en italiano da súa páxina web.
Fonte: Canadian Business
A Sociedade Finlandia-Rusia fai un chamamento para que máis persoas aprendan ruso en Finlandia
A Sociedade Finlandia-Rusia fai un chamamento para que máis persoas aprendan ruso en Finlandia. A sociedade recomenda que se realice un curso piloto no leste de Finlandia, para o cal o Estado debería darlles financiamento aos municipios co fin de que organicen o ensino do ruso en grupos reducidos.
Fonte: Helsinki Times
Unha resolución do Parlamento Europeo pídelle a China que respecte a lingua tibetana
O Parlamento Europeo, nunha sesión na cidade francesa de Estrasburgo, aprobou unha resolución na que lles pide aos dirixentes chineses que respecten a lingua propia do pobo tibetano.
Fonte: Phayul
Dúas iniciativas europeas incentivan a aprendizaxe de linguas entre os máis pequenos
A campaña 'Piccolingo' e o proxecto 'Chain Stories' son dúas iniciativas impulsadas pola Unión Europea e que pretenden concienciar, a través da participación das escolas, da importancia de coñecer outros idiomas.
Fonte: Linguamón
O Reino Unido obriga a realizar un exame de inglés aos inmigrantes de fóra da Unión Europea
O Goberno británico introduciu un novo requisito relativo á lingua inglesa a partir do 29 de novembro para os inmigrantes de fóra da Unión Europea que soliciten un visado para entrar ou quedar no Reino Unido.
Fonte: Nepal News
A Real Academia Española aproba unha nova edición das regras ortográficas
Os representantes das 22 Academias da Lingua Española aprobaron por unanimidade a versión definitiva da nova edición da ortografía que contén regras cun sentido máis de recomendación que de norma para o uso do idioma.
Fonte: La República
Google asina un acordo para traducir patentes europeas
Google afirma que asinou un acordo de tradución que lles facilitará aos inventores e científicos a lectura e a comprensión de patentes de toda Europa.
Fonte: Businessweek
Máis escolas públicas do Reino Unido ofrecen latín na súa revisión do currículo
As escolas poderán ofrecer linguas clásicas no canto de francés, alemán e español, o que representa unha das reformas no currículo, tal e como se revelou.
Fonte: Telegraph
Aumenta o interese por aprender mandarín entre os peruanos
O aumento do investimento chinés en Perú, así como o crecente comercio co país asiático, levou os estudantes e empresarios peruanos a incrementar o seu interese por aprender mandarín.
Fonte: Xinhuanet
Boletín
Subscríbase ao boletín