Mundo
Un tribunal turco rexeita a petición de usar o kurdo nun xuízo
Un tribunal turco que procesa a políticos e activistas acusados de conexións coas guerrillas kurdas rexeitou a súa petición de defenderse na lingua kurda.
Fonte: Reuters
A ONU considera que Estonia debería promover unha sociedade bilingüe
Para reducir as desigualdades sociais e a tensión étnica, o Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación Racial cre que Estonia debería ofrecer todos os servizos públicos en ruso e suprimir as multas pola violación da política lingüística.
Fonte: ERR
Aumenta o estudo da lingua coreana no sueste de Asia
A popularidade de aprender coreano parece que aumenta no sueste de Asia, dado que case 30.000 persoas de Vietnam realizaron en 2010 o exame de lingua coreana para avaliar e mellorar as súas competencias lingüísticas nesta lingua.
Fonte: ARIRANG
A Freie Universität de Berlín ten en marcha importantes iniciativas a prol do coñecemento e a difusión do galego
A Freie Universität de Berlín, en Alemaña, desenvolverá durante o curso académico 2010-2011 un importante programa de actividades para promover o coñecemento e a difusión da lingua e da cultura galegas entre a comunidade universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Un novo estudo apunta que a lingua maorí corre o risco de desaparecer
A lingua maorí corre o risco de desaparecer pola neglixencia dos sucesivos gobernos de Nova Zelandia, segundo apunta un novo estudo.
Fonte: Telegraph
Os estudantes tibetanos protestan contra o uso do chinés nas clases
Os estudantes tibetanos de China occidental manifestáronse para protestar contra os plans non confirmados de utilizar exclusivamente a lingua chinesa nas clases, segundo afirmaron os profesores, un reto excepcionalmente atrevido cara ás autoridades que reflicte un profundo malestar pola marxinación da cultura tibetana.
Fonte: Education Week
Os francopolinesios continúan reclamando que o tahitiano sexa oficial
Un grupo de políticos francopolinesios afirma que continuará reclamando o dereito a realizar as xestións do goberno na súa lingua materna: o tahitiano. Na actualidade, só o francés goza do recoñecemento como lingua oficial e calquera decisión que se tome noutra lingua pode ser cuestionada, como de feito xa ocorreu.
Fonte: Radio Australia
EuroNews tamén emitirá en lingua ucraína
Deste xeito a canle de televisión paneuropea de noticias engade un idioma máis á súa programación das nove linguas existentes na actualidade, entre as que se atopan o inglés, o francés, o ruso, o alemán, o español e o árabe.
Fonte: SatCesc
Un tribunal francés obriga a retirar uns rótulos en occitano
O Concello de Vilanova de Magalona terá que retirar os rótulos en occitano que anuncian a entrada ao municipio. Un tribunal de Montpellier deulle a razón a unha asociación que solicitara a retirada de tres carteis que indican o nome da localidade nesta lingua, a carón doutros en que figura a denominación francesa: Villeneuve-lès-Maguelone.
Fonte: Avui
Australia tenta deter a perda de linguas indíxenas
En Australia o uso das linguas indíxenas reduciuse a un ritmo alarmante, ao pasar de centenares hai só 200 anos, no tempo da colonización europea, a arredor de 20 na actualidade. Persoas como Injie, de 48 anos de idade, forman parte dun programa que tenta parar a desaparición das linguas mediante a formación de profesores que llelas poderán transmitir aos seus alumnos.
Fonte: ABS-CBN
Boletín
Subscríbase ao boletín