Mundo

O Consello Médico de Irlanda está preocupado polas competencias lingüísticas e clínicas dos médicos europeos

O Consello Médico de Irlanda afirmou que está "moi preocupado" polos médicos doutros países europeos que traballan en Irlanda e que poden non contar coas competencias lingüísticas ou clínicas axeitadas para realizar o seu traballo correctamente.

Fonte: Irish Times

A ONU celebra o Día da Lingua Española

A ONU celebrou o Día da Lingua Española con actividades culturais que abrangueron desde a poesía ata o flamenco como forma de promover o idioma e en apoio ao desenvolvemento do plurilingüismo e a diversidade cultural.

Fonte: Latin American Herald Tribune

A Universidade de Birmingham impartirá clases de éuscaro

O Departamento de Cultura do Goberno Vasco e o Instituto Etxepare asinaron coa Universidade de Birmingham un acordo que permitirá impartir clases de eúscaro e cultura vasca ata 2013.

Fonte: Galicia Hoxe

O Instituto Cervantes ten xa 210.000 matrículas para estudar español no estranxeiro

A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, destacou a satisfacción polos resultados malia a crise económica global: superáronse as 210.000 matrículas para estudar español (un 12 por cento máis que o ano anterior).

Fonte: Revista de Arte

O Consello debate sobre o réxime de traducións na patente europea

O Consello celebrou o 12 de outubro un debate político en deliberación pública acerca do proxecto de Regulamento destinado a establecer acordos de tradución para un futuro sistema de patentes da UE. A orientación política estudada polo Consello pon de relevo que unha patente europea, que suporá un importante instrumento para a capacidade de innovación das empresas europeas, depende da existencia dun sistema fiable e accesible na protección de patentes no mercado comunitario.

Fonte: Euroalert

Xeorxia aumentará as horas de clase de lingua armenia o próximo ano nas escolas armenias

O ministro de Educación e Ciencia de Armenia, Armen Ashotyan, e o seu homólogo xeorxiano, Dmitry Shashkin, asinaron un protocolo de acordo entre os ministerios dos dous países.

Fonte: PanARMENIAN

A Universidade de Leipzig inaugurará os primeiros estudos de Tradutoloxía de Alemaña en catalán

A Universidade de Leipzig inaugura os primeiros estudos de Tradutoloxía de Alemaña en lingua catalá. Esta universidade será tamén a primeira do país que ofrecerá esta titulación nas catro linguas iberorrománicas.

Fonte: Avui

Unha enquisa apunta que o 54 % dos arxentinos sabe máis dun idioma

Segundo unha enquisa de Trabajando.com, máis da metade dos arxentinos manexa máis dun idioma. A maioría coincidiu en que dedicar tempo a iso foi unha boa decisión.

Fonte: Diario de Cuyo

A difusión internacional da lingua galega avanza coa apertura dun novo Centro de Estudos Galegos en Alemaña

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de lle imprimir un novo impulso á proxección exterior da lingua galega a través da creación dun Centro de Estudos Galegos na Universidade alemá de Leipzig.

Fonte: Xunta de Galicia

Quebec cambia a súa política sobre as escolas de lingua inglesa

A Asemblea Lexislativa de Quebec adoptou unha emenda á súa lei de linguas que modifica as normas sobre a asistencia a escolas de lingua inglesa. A medida establece un sistema de puntos para determinar que rapaces poden asistir ás escolas de lingua inglesa.

Fonte: UPI

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder