Mundo
Unha universidade serbia analiza o impacto da lingua persa nos Balcáns
Na Universidade Internacional de Novi Pazar, en Serbia, realizouse un seminario dun día de duración sobre o impacto do idioma persa nas linguas rexionais dos Balcáns.
Fonte: Tehran Times
Xa están dispoñibles para o público en xeral os nomes de dominio en hebreo
Desde o 26 de decembro, a Asociación de Internet de Israel (ISOC-IL) permite que calquera persoa rexistre nomes de dominio en hebreo co sufixo "il" (por exemplo, www.שלום.co.il) a través da páxina web de ISOC.
Fonte: Forward
O chinés podería ser a lingua dominante en internet dentro de cinco anos
O inglés é a lingua internacional dos negocios e do comercio, pero a súa época de predominio en internet podería chegar á súa fin. Unha infografía que circula por internet destaca o aumento dos usuarios da web chineses e suxire que o chinés podería ser a lingua dominante de internet dentro de cinco anos.
Fonte: FoxNews
Decenas de estudantes e investigadores aprenden quechua en Nova York
O interese por aprender quechua está en aumento en Nova York. Decenas de estudantes e investigadores están matriculados nos diferentes cursos que se imparten na Universidade de Nova York.
Fonte: El Comercio
Fixi prohibe o uso de linguas estranxeiras na etiquetaxe dos produtos de alimentación
Fixi aplicará a partir do vindeiro ano novos regulamentos que prohiben o uso de linguas estranxeiras nos produtos de alimentación. Segundo a páxina web Fijivillage, o Ministerio de Sanidade publicou unha directiva que obriga a todos os vendedores e comerciantes polo miúdo a retirar do mercado os produtos de alimentación etiquetados nunha lingua estranxeira.
Fonte: RNZI
Alemaña promoverá a súa lingua no estranxeiro
Alemaña promoverá a súa lingua no estranxeiro cunha serie de campañas publicitarias para animar a xente a aprender alemán, tal e como afirmou o ministro de Cultura e Medios de Comunicación.
Fonte: Monsters and Critics
Lanzan unha páxina web para revitalizar o idioma eyak
O eyak converteuse no primeiro idioma "extinto" de Alaska cando a derradeira falante nativa, Marie Smith Jones, faleceu en xaneiro de 2008. Agora, case tres anos despois, hai un novo e ambicioso esforzo para facer que o eyak sexa o primeiro idioma de Alaska en revitalizarse, segundo unha nota de prensa.
Fonte: The Bristol Bay Times
O presidente de Turquía acepta o uso do kurdo e reitera que o turco é o idioma oficial do país
Nunha viaxe cara ao sueste do país nun momento de tensións acerca da cuestión kurda, o presidente reiterou que a lingua oficial de Turquía é o turco, pero afirmou que as outras linguas que se falan no país tamén son "linguas de Turquía".
Chile, Perú e Bolivia participan nun programa de recuperación do aimará
Chile, Perú e Bolivia participarán no programa aimará, un proxecto que busca a salvagarda deste idioma e das manifestacións culturais desas poboacións.
Fonte: Los Tiempos
Paraguai aproba a Lei de linguas, que propón a creación da Academia da Lingua Guaraní
O presidente de Paraguai, Fernando Lugo, deu o visto e prace á Lei de linguas, último requirimento necesario para a oficialización do novo instrumento legal. Entre outras cousas, a Lei de linguas ten como un dos seus obxectivos establecer as modalidades de utilización das linguas oficiais (castelán e guaraní) da República de Paraguai.
Fonte: Última Hora
Boletín
Subscríbase ao boletín