Mundo

Portugal lanza unha campaña para promover a lingua portuguesa en Bélxica

O conselleiro das Comunidades Portuguesas, Pedro Rupio, anunciou que vai comezar unha campaña de promoción do ensino do portugués en Bélxica, co obxectivo de inverter a tendencia anual de diminución do número de alumnos.

Fonte: Observatório do Algarve

Un estudo afirma que só o 4 % das páxinas web está en español

Só o 4 % das páxinas web están escritas en español en internet, pero as previsións son boas debido ao desenvolvemento da sociedade da información que se está producindo en Latinoamérica, segundo o libro Lengua y Tecnologías de la Información y las Comunicaciones.

Fonte: ABC

O Goberno de Xapón axudará os residentes estranxeiros a dominar a lingua xaponesa

O Goberno axudará os residentes estranxeiros a dominar a lingua xaponesa co fin de mellorar a súa calidade de vida. Entre as solucións propostas, o panel suxire mellorar a calidade dos profesores de xaponés e proporcionar formación profesional axustada á competencia lingüística.

Fonte: The Mainichi Daily News

Os deputados polacos realizarán un curso de inglés co fin de prepararse para a presidencia da UE

En outubro os deputados do Parlamento polaco poderán realizar un curso intensivo de inglés e de lexislación europea. O curso ten como obxectivo preparar os deputados para os seis meses de presidencia da Unión Europea que o país asumirá o 1 de xullo de 2011.

Fonte: The News

O 15 % do PIB dos estados está ligado á lingua que falan os seus cidadáns

O poderío económico e o lingüístico, aínda que a priori non o pareza, están intimamente relacionados. Hai linguas que fala pouca xente relativamente pero que teñen gran peso internacional porque os que a dominan son ricos.

Fonte: El Economista

Un novo programa do Reino Unido anima os rapaces a estudar unha segunda lingua

Informes realizados recentemente mostran que o número de alumnos do Reino Unido que estuda unha segunda lingua alcanzou un novo mínimo. Algúns expertos culpan a decisión do Partido Laborista de facer optativas as linguas por primeira vez en 2004, o que permite que milleiros de alumnos abandonen estas materias aos 14 anos.

Fonte: PRWeb

Os diplomáticos canadenses non teñen as competencias en lingua estranxeira necesarias

Só o 33 % dos diplomáticos canadenses ten as competencias en lingua estranxeira necesarias para realizar o seu traballo, segundo amosan as estatísticas recentes. A Auditora Xeral Sheila Fraser reprendeu o Goberno federal en 2007 ao coñecer que só o 16 % dos 180 funcionarios do servizo exterior que debía ter coñecementos avanzados da lingua estranxeira para o seu posto era capaz de falar a lingua en cuestión.

Fonte: Toronto Sun

Brasil regula a profesión do intérprete de lingua de signos

O presidente de Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, sancionou a Lei 12.319 que regula a profesión de tradutor e intérprete da lingua brasileira de signos (Libras).

Fonte: Bem Paraná

O Centro de Estudos Galegos de Kiel impulsa a proxección exterior da literatura en galego a través de dúas antoloxías

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou dúas obras publicadas recentemente polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel, en Alemaña.

Fonte: Xunta de Galicia

O Goberno de Singapur quere que a poboación fale mellor inglés

Singapur podería ter maiores beneficios económicos se os cidadáns falasen mellor inglés ou slingish, un híbrido das catro linguas principais do país. Fusiona mandarín, inglés, malaio e támil para crear unha lingua única, falada por case todos os grupos étnicos da illa.

Fonte: Thaindian News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder