Mundo

Segundo o Ministerio de Cultura de Colombia, neste país fálanse 68 linguas á parte do castelán

Segundo o Ministerio de Cultura de Colombia, á parte do castelán, neste país fálanse 68 linguas; 65 son linguas indoamericanas ou indíxenas, que corresponden aos pobos habitantes autóctonos destes territorios antes da chegada dos europeos. Ademais destas, existen dúas linguas crioulas e tamén o romaní.

Fonte: CM&

A supervivencia da lingua portuguesa está ameazada en Macau

A supervivencia do idioma portugués en Macau, onde ten o estatuto de lingua oficial, está baixo a ameaza de sectores radicais, segundo o profesor universitario Moisés Silva Fernandes.

Fonte: Lusa

Varias organizacións rexeitan a decisión do Tribunal Supremo de Canadá de invalidar unha parte da Carta da lingua francesa

O Bloque Quebequés, a Sociedade Saint-Jean-Baptiste de Montreal, a central de sindicatos de Quebec e o movemento Impératif français en Outaouais fixeron fronte común para rexeitar a recente decisión do Tribunal Supremo de Canadá de invalidar unha parte da Carta da lingua francesa. Segundo estas organizacións, o Tribunal non está a respectar a vontade dos quebequeses en materia lingüística.

Fonte: Canoë

Un proxecto europeo protexerá e conservará as linguas

Un equipo de investigadores financiado pola Unión Europea está desenvolvendo un barómetro de vitalidade para as linguas europeas. Este barómetro ofreceríalles aos europeos un método fiable para determinar que linguas están en perigo de extinción.

Fonte: CORDIS

Máis de 40 millóns de persoas están a aprender a lingua chinesa no estranxeiro

Máis de 40 millóns de estranxeiros, case o dobre de hai cinco anos, están a aprender chinés, segundo estiman os responsables da promoción internacional da cultura e do ensino da lingua chinesa.

Fonte: Lusa

O comisario europeo de Multilingüismo visita a Oficina da Lingua Bretoa

Con motivo da súa visita a Bretaña o día 7 de decembro, Leonard Orban, comisario europeo de Multilingüismo, quixo reunirse cos responsables da Oficina da Lingua Bretoa. Lena Louarn, a súa presidenta, faloulle da situación do bretón, dos problemas existentes así como dos avances dos últimos anos encamiñados a garantir o futuro desta lingua.

Fonte: Agence Bretagne Presse

Traducirán a once linguas indíxenas material do Instituto Federal Electoral de México

O Instituto Federal Electoral (IFE) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) asinaron un convenio de colaboración para fomentar a cultura democrática. Co acordo, o Inali apoiará o IFE na tradución de materiais de educación cívica a once linguas indíxenas co obxectivo de acercalos a máis de 10 millóns de falantes.

Fonte: La Jornada

O presidente de Rusia está preocupado pola situación da lingua rusa en Moldavia

O presidente de Rusia, Dmitry Medvedev, expresou a súa preocupación pola situación da lingua rusa en Moldavia. "O espazo da lingua rusa reduciuse durante a etapa das eleccións parlamentarias", afirmou Medvedev.

Fonte: ITAR-TASS

Aproban unha lei para preservar 68 linguas nativas de Colombia

Esta lei recoñece os dereitos de máis de 850 mil persoas que conforman os grupos étnicos de Colombia e que contan cunha lingua propia. A lei tamén determina a non discriminación polo uso dunha destas linguas no ámbito público e privado.

Fonte: Tiempo

Aproban en México reformas á Lei de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas

A Comisión de Asuntos Indíxenas da Cámara de Deputados aprobou o ditame que reforma a Lei xeral de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas para obrigar a que nos municipios étnicos os sinais informativos de nomenclatura oficial se escriban en español e nas linguas orixinarias de uso no seu territorio.

Fonte: Radio Trece

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder