Mundo
Crean teléfonos móbiles que permiten comunicarse en lingua de signos
Un grupo de investigadores da Universidade Cornell e os seus colegas crearon teléfonos móbiles que permiten ás persoas xordas comunicarse nunha lingua de signos, coa mesma normalidade coa que as persoas con capacidade auditiva usan teléfonos para falar.
O Goberno de Portugal quere reforzar a promoción internacional da lingua portuguesa
O Goberno de Portugal vaille dar especial importancia á promoción internacional da lingua portuguesa nesta lexislatura, nomeadamente a través do ensino e da súa expansión ao lado de organismos internacionais.
Fonte: RTP
O Europarlamento cerra a porta ao uso do catalán
O presidente do Parlamento Europeo, o conservador polaco Jerzy Buzek, rexeitou de novo a posibilidade de utilizar o catalán no hemiciclo co argumento de que a institución só utiliza as linguas oficiais dos estados membro da Unión Europea (UE).
Fonte: El Periódico
Segundo un informe, a aprendizaxe do mandarín superará pronto ao alemán en Estados Unidos
Un informe elaborado polo Centro de Lingüísticas Aplicadas e financiado polo Departamento federal de Educación de EEUU sinala que unhas 1.600 escolas públicas e privadas ensinan o idioma oficial chinés, fronte a 300 hai unha década.
Fonte: ABC
A BBC estrea programación de radio na lingua crioula de Haití
A rede británica BBC estrea as súas retransmisións no idioma crioulo para os haitianos. Trátase dun programa diario chamado Conexión Haití e que terá unha duración de 20 minutos.
Fonte: Portal Imprensa
A UE destina máis de 2 millóns de euros a financiar unha ferramenta de tradución eficiente en internet
A Unión Europea financiou con máis de 2,3 millóns de euros -procedentes do tema Tecnoloxías da información e as comunicacións do Sétimo Programa Marco (7PM)- o proxecto MOLTO (Tradución plurilingüe en internet), que traballa para desenvolver unha ferramenta de tradución eficiente en internet.
Fonte: Portal TIC
Pobos indíxenas do departamento boliviano de Pando demandan unha educación bilingüe
O deputado da circunscrición especial do departamento de Pando, Julio Cortez, demandará na Asemblea Lexislativa “educación e profesores bilingües” para os cinco grupos étnicos que habitan neste departamento boliviano.
Fonte: Erbol
A Academia Norteamericana da Lingua Española busca mellorar o español en Estados Unidos
A Academia Norteamericana da Lingua Española acaba de publicar Hablando bien se entiende la gente, unha guía práctica con máis de 300 consellos sobre o uso correcto do idioma español redactada especificamente para os hispanofalantes de Estados Unidos, e que aclara algunhas das dúbidas máis frecuentes no uso do español estadounidense.
Fonte: El Universal
O presidente de Colombia sanciona a lei que protexe e garante as linguas nativas
Co fin de garantir o recoñecemento, a protección e o desenvolvemento dos dereitos lingüísticos, individuais e colectivos dos grupos étnicos con tradición lingüística propia, a promoción do uso e desenvolvemento das súas linguas nativas, o presidente de Colombia Álvaro Uribe Vélez sancionou a Lei 1381 do 25 de xaneiro de 2010.
Fonte: SNE
Brasil ten xa 5 millóns de estudantes de español e faltan profesores
O ensino do español en Brasil atravesa "o mellor momento da súa historia". Fronte ao millón de estudantes desta lingua que había en 2006, hai xa cinco millóns e o probable é que se siga "avanzando a esa velocidade", aínda que faltan uns 12.000 profesores para continuar ao mesmo ritmo.
Fonte: EFE
Boletín
Subscríbase ao boletín