Os XXVII Encontros para a Normalización Lingüística propuxeron un conxunto de medidas para mellorar a función dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG). As principais propostas inclúen a creación dunha normativa supramunicipal que regule os SNL, un aumento orzamentario, a mellora na formación e a creación de espazos de innovación.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento vasco aprobou unha emenda que insta o Goberno vasco a promover o uso do éuscaro nos servizos da Administración de Xustiza, exixindo o coñecemento da lingua vasca nas prazas singularizadas.
Fonte: Orain
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron no peche de ‘21 Días co galego e +’, no colexio teense dos Tilos, onde se puxo fin á oitava edición do programa impulsado pola Xunta na que participaron 10 centros educativos de maneira voluntaria.
A Universidade do Miño volve apostar pola diversidade lingüística co acollemento de máis de 200 estudantes procedentes de 38 países, promovendo o diálogo intercultural e a visibilidade das linguas e culturas a través da educación.
Fonte: Mais Guimarães
A radiotelevisión pública de Polonia puxo en marcha unha versión en lingua romanesa do seu servizo informativo para a República Moldova co obxectivo de ofrecer información fiable, combater a desinformación e reforzar o acceso a contidos independentes para a poboación romanófona do país.
Fonte: Polskiego Radia
O Ministerio de Educación da República Moldova lanzou un programa nacional para mellorar a aprendizaxe da lingua romanesa entre 2026 e 2028. A iniciativa inclúe formación para docentes, novos materiais didácticos e medidas para reforzar a competencia lingüística do alumnado.
Fonte: Moldpres
Romanía porá en marcha cursos de lingua romanesa dirixidos a persoas estranxeiras, que se impartirán en Bucarest e a través do Instituto Cultural Romanés en distintos países. O obxectivo é facilitar a integración lingüística e cultural de residentes e estudantes internacionais.
Fonte: AGERPRES
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Vello Cárcere no acto de presentación da obra Para que non estiñe a memoria das avoas, coa que a que a catedrática e doutora en Filoloxía Galega, especialista en toponimia, investigadora e escritora Xulia Marqués Valea homenaxea a memoria da pontenovesa Perfecta Ogaza Fontagordo.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da V edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer que conta co apoio da Xunta de Galicia, co obxectivo de sensibilizar sobre esta doenza entre a cativada e establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións.
O Concello de Olot impulsou unha campaña para reforzar o uso do catalán no comercio local, cun balance amplamente positivo. A maioría dos establecementos adapta xa a sinalización, a documentación e a atención á clientela á normativa vixente. O seguimento e o asesoramento personalizado permitiron corrixir máis da metade das incidencias detectadas inicialmente. As melloras resultan especialmente visibles en varios sectores comerciais, aínda que persisten dificultades puntuais nalgúns ámbitos.
Boletín
Subscríbase ao boletín
